Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 12 de marzo de 2021 Páx. 14483

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2021 pola que se convocan as actividades de formación para o persoal da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia.

Unha vez aprobado o Programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2021 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP,

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2021

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos das persoas participantes

Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional e o resto do persoal empregado público ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, que estea prestando servizos noutras administracións públicas de Galicia, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou a excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Está exceptuado o persoal das escalas dos corpos da Policía de Galicia, Policía local e os bombeiros.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>, desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de cursos que se poden solicitar limítase a cinco.

4. Nas actividades impartidas na modalidade de telepresenza, a presentación da solicitude para participar nelas comportará o consentimento da persoa interesada para a gravación das sesións na plataforma de telepresenza. Esta gravación terá por único fin o de poderen ser empregadas polo alumnado do curso como recurso formativo e para a resolución de posibles reclamacións. Unicamente poderá acceder ás sesións o persoal docente e o alumnado do curso, así como o persoal da EGAP autorizado cos fins previstos pola normativa vixente en materia de protección de datos.

As gravacións serán borradas unha vez que remate o curso, coas únicas excepcións que estean previstas na normativa vixente en materia de protección de datos.

5. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha o varias sesións presenciais ou telepresenciais das actividades. Cando o/a alumno/a teña coñecemento de que foi seleccionado/a para un curso que teña coincidencia horaria con outro en que xa foi seleccionado/a, debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade que realizou simultaneamente varias actividades, non se lle expedirá certificación de ningunha delas e pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

7. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

8. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

9. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un ordenador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado.

Para as actividades impartidas na modalidade de telepresenza contarán ademais cun manual de usuario na páxina web da EGAP, no seguinte enlace <https://egap.xunta.gal/formulariosrecursos>, onde se indicará como acceder a esta plataforma de telepresenza e os compoñentes que o equipo necesita para un funcionamento básico da plataforma.

10. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (permiso de maternidade, discapacidade, etc.), de acordo cos criterios de selección, poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario, só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

11. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).

Cuarta. Comprobación de datos

1. Para a tramitación do procedemento consultaranse automaticamente os datos das persoas interesadas necesarios para realizar o proceso de selección das actividades formativas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo expresamente e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, o tipo de persoal e a antigüidade na Administración.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A presentación da solicitude comportará a autorización da persoa solicitante ao órgano xestor para pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios da EGAP.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro), sen prexuízo dos criterios específicos establecidos na epígrafe de destinatario de cada actividade formativa, incluída no anexo II desta resolución. Terán preferencia os funcionarios con habilitación de carácter nacional naqueles cursos que vaian dirixidos expresamente a eles.

O baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2021, segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 29 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), comezarase pola letra Y.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso, poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar no curso, así como un número adecuado de reservas de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda.

2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpor recurso de alzada no prazo dun mes desde a devandita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección. A renuncia. A asistencia e o seguimento das actividades formativas

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

– Por razóns de conciliación familiar.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días naturais anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. A asistencia e o seguimento das actividades formativas:

3.1. Seguimento das actividades presenciais e telepresenciais:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos os controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día de finalización desta actividade.

3.2. Seguimento das actividades de teleformación e de telepresenza:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Superación da actividade formativa

Para poder superar as actividades formativas será necesario cumprir os seguintes requisitos:

a) Para as actividades presenciais e telepresenciais: a superación dunha proba de avaliación que se realizará ao final delas. Para as actividades telepresenciais, a proba será en liña.

b) Para as actividades de teleformación:

– A realización adecuada de todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final en liña.

– A superación dunha proba de avaliación final.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Nestas actividades, as probas de avaliación finais serán en liña. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes, cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e o cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Valoración

Persoal

destinatario

Modalidade/localidade

Datas e horario

Data e hora do exame

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

LO21001

Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679, de protección de datos

50

30

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

Do 3.5.2021 ao 31.5.2021

3.6.2021 17.00 h

LO21002

Seguridade da información no ámbito da Administración local

50

30

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

Do 20.9.2021 ao 18.10.2021

21.10.2021 17.00 h

LO21003

Ofimática na nube Google Drive

50

30

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

Do 4.10.2021 ao 2.11.2021

5.11.2021 17.00 h

LO21007

A implantación da Administración electrónica na Administración local

50

25

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

Do 28.5.2021 ao 21.6.2021

25.6.2021 17.00 h

LO21007

A implantación da Administración electrónica na Administración local

50

25

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

Do 7.10.2021 ao 2.11.2021

5.11.2021 18.00 h

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

LO21009

Atención á cidadanía

50

25

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

Do 24.5.2021 ao 17.6.2021

22.6.2021 16.30 h

LO21010

Básico de prevención de riscos

laborais (PRL)

50

50

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

Do 6.10.2021 ao 25.11.2021

1.12.2021 18.00 h

LO21019

Liderado e intelixencia emocional

20

15

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Telepresenza

12, 15, 19, 22 e 26 de abril, das 16.30 ás 19.30 h

26.4.2021 18.30 h

LO21020

Novas tecnoloxías para a promoción da actividade física e a saúde a disposición dos concellos galegos

25

15

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais (técnicos/as deportivos/as) da Comunidade Autónoma de Galicia

Presencial

Santiago de Compostela

8, 9 e 10 de xuño, das 9.00 ás 14.00 h

10.6.2021 13.00 h

LO21027

Prácticas preventivas ante agresións para o persoal de atención ao público

50

25

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

Do 18.10.2021 ao 11.11.2021

16.11.2021 19.00 h

LO21028

Protocolo e organización de eventos na Administración pública local.

Especial referencia a protocolos COVID-19

50

25

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

Do 5.4.2021 ao 30.4.2021

5.5.2021 16.30 h

LO21034

Xestión do tempo de traballo e do telebraballo. Especial referencia ás situacións de emerxencia sanitaria

50

20

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

Do 5.11.2021 ao 25.11.2021

30.11.2021 18.30 h

Consellería de Política Social

LO21022

Os programas europeos de inclusión social dirixidos ás entidades locais e os seus sistemas de xestión da información

16

12

Aproveitamento

----------

Persoal empregado público das entidades locais interesadas no financiamento con fondos europeos para a inclusión social da Xunta de Galicia, no marco da Estratexia de inclusión social

Presencial

Santiago de Compostela

16 de novembro, das 9.30 ás 14.30 h e das 16.30 ás 19.30 h

18 de novembro, das 9.30 ás 13.30 h

18.11.2021 12.30 h

Lingua galega

LO21029

Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego

50

15

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

Do 6.5.2021 ao 24.5.2021

27.5.2021 18.00 h

Réxime xurídico e xestión das entidades locais

LO21006

A figura do promotor de exercicio físico e saúde nos concellos galegos

25

15

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais (técnicos/as deportivos/as) da Comunidade Autónoma de Galicia

Presencial

Santiago de Compostela

27, 28 e 29 de abril, das 9.00 ás 14.00 h

29.4.2021 13.00 h

LO21008

A Lei de contratos do sector público: os procedementos de contratación nas entidades locais

50

25

Aproveitamento

Estatal 0,50

Autonómica 0,30

– Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia

Teleformación

Do 5.4.2021 ao 30.4.2021

5.5.2021 18.30 h

LO21011

Creación e xestión de proxectos con fondos europeos para entidades locais

50

25

Aproveitamento

-----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

Do 24.5.2021 ao 16.6.2021

21.6.2021 19.00 h

LO21012

Elaboración de pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas na Administración local

50

30

Aproveitamento

Estatal 0,50

– Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia

Teleformación

Do 30.4.2021 ao 31.5.2021

03.6.2021 18.00 h

LO21013

Ferramentas de sistemas de información xeográfica (SIX) para entidades locais

50

30

Aproveitamento

-----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

Do 27.10.2021 ao 25.11.2021

30.11.2021 16.30 h

LO21014

Fiscalización e control da actividade de entes locais

50

30

Aproveitamento

Estatal 0,50

Autonómica 0,30

– Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia

Teleformación

Do 20.9.2021 ao 18.10.2021

21.10.2021 19.00 h

LO21015

Introdución á metodoloxía BIM

(Building Information Modeling)

50

30

Aproveitamento

-----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia. Recoméndase ter as nocións elementais que se indican na ficha da actividade formativa

Teleformación

Do 26.10.2021 ao 26.11.2021

1.12.2021 17.00 h

LO21016

Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia

35

20

Aproveitamento

Autonómica 0,30

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Telepresenza

21, 23, 28 e 30 de setembro e 4 e 6 de outubro, das 17.00 ás 19.30 h

6.10.2021 18.30 h

LO21017

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

50

25

Aproveitamento

Estatal 0,50

– Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia

Teleformación

Do 24.5.2021 ao 17.6.2021

22.6.2021 17.30 h

LO21018

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público

50

25

Aproveitamento

Estatal 0,50

– Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia

Teleformación

Do 18.10.2021 ao 11.11.2021

16.11.2021 17.00 h

LO21021

O réxime xurídico das subvencións das entidades locais. Especial referencia ao control interno

50

25

Aproveitamento

Estatal 0,50

Autonómica 0,30

– Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia

Teleformación

Do 5.4.2021 ao 30.4.2021

5.5.2021 17.30 h

LO21023

Participación cidadá e transparencia no ámbito local

50

25

Aproveitamento

-----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

Do 24.5.2021 ao 17.6.2021

22.6.2021 19.00 h

LO21024

Persoal laboral temporal na Administración local. Procedementos de consolidación de emprego e

funcionarización

50

30

Aproveitamento

Estatal 0,50

Autonómica 0,30

– Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia

Teleformación

Do 19.4.2021 ao 20.5.2021

25.5.2021 19.00 h

LO21025

Planificación e xestión do turismo para entes locais

50

30

Aproveitamento

------------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

Do 18.5.2021 ao 14.6.2021

17.6.2021 17.00 h

LO21026

Plans de saneamento económico-financeiro e de axuste nas entidades locais

50

30

Aproveitamento

Estatal 0,45

Autonómica 0,30

– Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia

– Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

Do 25.10.2021 ao 25.11.2021

30.11.2021 17.30 h

LO21030

Responsabilidade patrimonial e procedemento sancionador. Especialidades no ámbito local

50

30

Aproveitamento

Estatal 0,50

– Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia

Teleformación

Do 19.5.2021 ao 16.6.2021

21.6.2021 18.00 h

LO21031

Tramitación e xestión de expedientes de expropiación forzosa no ámbito local

50

30

Aproveitamento

Estatal 0,45

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

Do 19.4.2021 ao 20.5.2021

25.5.2021 18.00 h

LO21032

Transparencia e integridade pública nas entidades locais

50

25

Aproveitamento

-----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

Do 18.10.2021 ao 11.11.2021

16.11.2021 18.00 h

LO21033

Xestión da tesouraría municipal

50

30

Aproveitamento

Estatal 0,45

– Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia

Teleformación

Do 30.4.2021 ao 31.5.2021

3.6.2021 19.00 h

LO21035

Xestión orzamentaria en entidades locais

50

30

Aproveitamento

Estatal 0,45

Autonómica 0,30

– Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia

– Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

Do 22.4.21 ao 24.5.2021

27.5.2021 17.00 h