Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 15 de marzo de 2021 Páx. 14831

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2021, conxunta do Instituto Galego de Promoción Económica e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se dá publicidade das resolucións de concesión das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Mediante Resolución conxunta do Igape e a Amtega, do 18 de maio de 2020 (DOG núm. 106, do 2 de xuño de 2020), publicáronse as bases reguladoras das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

As ditas bases establecen no seu artigo 7.5 que a resolución conxunta relativa a cada período de admisión de solicitudes será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no Diario Oficial de Galicia, de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da resolución de concesión do 4.3.2021 da Dirección Xeral da Amtega e da resolución de concesión do 25.2.2021 da Dirección Xeral do Igape, correspondentes á convocatoria 2020.4 das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe Consulta de resolucións definitivas, http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas).

Segundo. As resolucións do 4.3.2021 e do 25.2.2021 esgotan a vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderá interpoñerse recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape ou da Dirección Xeral da Amtega, segundo o caso, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2021

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego
de Promoción Económica

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia