Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 16 de marzo de 2021 Páx. 15096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANUNCIO do 3 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións administrativas derivadas dos procedementos indicados.

As persoas interesadas ou os seus representantes deberán comparecer, para seren notificadas (logo de obtención de cita chamando ao teléfono número 981 54 65 06), no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, como órgano competente para a tramitación dos citados procedementos, sita en Santiago de Compostela, no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As notificacións pendentes tamén se poderán obter mediante comparecencia no Sistema de notificacións de Galicia (https://notifica.xunta.gal/notificaciones/portal/login), se se dispón de Chave365 ou certificado dixital.

Transcorrido o dito prazo sen ter comparecido, a notificación entenderase producida, para todos os efectos legais, desde o día seguinte ao do vencemento do prazo indicado.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2021

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Persoa interesada

Procedemento

Kaoutar El Idrissi Banaissi

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios

Mª del Carmen Aira Pérez

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo)

Isabel Barreiro Gago

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo)

José Carreiro Fernández

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo)

José Manuel Novo Míguez

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo)

José Luis de la Torre Alfonso

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo)

Águeda Tobío Rey

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo)