Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 16 de marzo de 2021 Páx. 14986

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no exercicio 2020.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo de 2006), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica no exercicio 2020, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2021

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Anexo

Convenio

Data

sinatura

Importe €

Ano 2019

Ano 2020

Ano 2021

Ano 2022

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica, a Asociación de Centros Tecnolóxicos de Galicia e os centros integrantes desta asociación para a elaboración do traballo de campo e informe de oportunidades Industria 4.0 para as empresas galegas 2020.

10.1.2020

260.000

65.000

Convenio entre a Fundación Galicia Europa e o Instituto Galego de Promoción Económica para o acollemento dunha persoa bolseira no programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial do Igape na sede da Fundación Galicia Europa en Bruxelas.

15.1.2020

6.000

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Clúster Naval Gallego (Aclunaga) para a organización conxunta de actividades na feira Navalia 2020.

5.2.2020

21.000

Convenio para a habilitación dun marco de apoio ao acceso ao financiamento das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as sociedades de garantía recíproca domiciliadas en Galicia (SRG) (financiamento Igape-pemes).

7.2.2020

1.800.000

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Universidade de Santiago de Compostela para a análise do impacto da automatización na economía galega.

17.2.2020

40.000

Addenda ao convenio de colaboración para a habilitación dun marco de apoio ao acceso ao financiamento das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as sociedades de garantía recíproca domiciliadas en Galicia (SGR).

31.3.2020

5.000.000

Convenio entre a Administración xeral do Estado, a través do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo (Dirección Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa) e a Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para a concesión de apoio financeiro ao investimento industrial no marco da política pública de reindustrialización e fortalecemento da competitividade industrial.

21.5.2020

Sen achega económica

2ª addenda ao convenio de colaboración para a habilitación dun marco de apoio ao acceso ao financiamento das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as sociedades de garantía recíproca domiciliadas en Galicia (SGR).

9.7.2020

13.750.000

1.250.000

Convenio entre a Asociación para el Progreso de la Dirección, a Asociación Círculo de Empresarios de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica para a mellora das competencias directivas.

3.8.2020

99.900

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica, a Universidade de Santiago de Compostela e a Federación Galega de Xoves Empresarios, para o desenvolvemento do Global Entrepreneurship Monitor (proxecto GEM) en España a nivel rexional.

5.8.2020

31.600

Convenio entre a Consellería de Facenda, o Instituto Galego de Promoción Económica e a Universidade de Santiago de Compostela para a edición e publicación da Revista Galega de Economía no ano 2020.

5.8.2020

7.500

Convenio entre a Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal e o Instituto Galego de Promoción Económica para o desenvolvemento das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

18.8.2020

14.000

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U., editora do xornal La Voz de Galicia.

23.10.2020

125.000

2ª addenda ao convenio, asinado o 1 de outubro de 2019, entre o Instituto Galego de Promoción Económica, a Universidade de Vigo e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a redución das cargas administrativas no exercicio de actividades económicas e de servizos nos concellos de Galicia.

29.10.2020

Sen achega económica

Addenda ao convenio, asinado o 3 de agosto de 2020, entre a Asociación para el Progreso de la Dirección, a Asociación Círculo de Empresarios de Galicia CFV, e o Instituto Galego de Promoción Económica para a mellora das competencias directivas.

30.10.2020

Sen achega económica

Addenda ao convenio, asinado o 17 de febreiro de 2020, entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Universidade de Santiago de Compostela para a análise do impacto da automatización na economía galega.

5.11.2020

Sen achega económica

Convenio entre a Fundación EOI e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para o desenvolvemento da estratexia Industria conectada 4.0.

10.12.2020

103.950

103.950

Addenda ao convenio, asinado o 20 de decembro de 2019, entre o Instituto Galego de Promoción Económica e os consellos reguladores das denominacións de Orixe Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei, Valdeorras e das indicacións xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, en materia de promoción, formación e asesoramento dos viños de Galicia durante o período 2019-2021.

16.12.2020

10.000

193.000

187.000

Addenda pola que se modifica o convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a Axencia de Turismo de Galicia, o Instituto Galego de Promoción Económica e a Fundación Juana de Vega, para a elaboración da Estratexia de Dinamización Económica, Territorial e Turística das comarcas vitivinícolas de Galicia.

30.12.2020

Sen achega económica