Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 17 de marzo de 2021 Páx. 15263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 1 de marzo de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se notifica a varias persoas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro no caso de non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Pola presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 10 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, de non achegar no prazo de 10 días os datos e documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio) polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que hai que achegar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario, teléfono 988 38 58 48, 988 36 91 11.

Para que conste, sirve de notificación as persoas interesadas e en cumprimento do disposto no artigo artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 1 de marzo de 2021

Félix Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín
e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Expediente

DNI/NIF/Pasaporte

202005835

00514924M

202005130

44481990J

202004623

44483213V

202005631

45142593X

202005303

Y2254510H

202005663

17787290X

202007001

44493018R

202006443

X1941010V

202005416

34631131P

202005647

36121342A

202005814

44476975N

202004886

78100572R

202006602

44460557Q

202006843

44485159P

202007649

44102502W

202005651

44658864V

202005474

Y5899383N

202003897

09395316T