O xerente da Área Sanitaria de Vigo, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Servizo Galego de Saúde, e da Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, modificada pola Orde do 25 de maio de 2020 (DOG núm. 103, do 29 de maio), resolve proceder ao anuncio da convocatoria, para vinculación temporal, de cobertura dun posto, con características específicas, de persoal estatutario licenciado sanitario especialista da Área de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo (Coloproctoloxía).
A citada convocatoria estará exposta nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da Área Sanitaria de Vigo e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
As solicitudes poderán presentarse nos rexistros da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo no prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Vigo, 8 de marzo de 2021
Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo