Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 17 de marzo de 2021 Páx. 15219

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, pola que se anuncia a Resolución CM 8/2021, da mesma data, de convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de coordinador/a do persoal técnico superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, con base no Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios del Sistema público de saúde de Galicia, e na Orde do 29 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente da Área Sanitaria de Vigo

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de concurso de méritos, un posto de coordinador/a do persoal técnico superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico, segundo se especifica no anexo desta resolución.

Segundo. As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da Área Sanitaria de Vigo e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse en calquera dos rexistros de entrada da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, dirixidas ao xerente, no prazo de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 8 de marzo de 2021

Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo

ANEXO

Denominación do posto: coordinador/a do persoal técnico superior en anatomía patolóxica e citodiagnóstico.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Nº de vacantes totais: 1.