O artigo 50 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón que «son prezos privados as contraprestacións que obteñan os suxeitos a que se refire o artigo 3 desta lei pola prestación de servizos ou a realización de actividades efectuadas en réxime de dereito privado cando, prestando tamén tales servizos ou actividades o sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos administrados».
Así mesmo, o artigo 51 da referida lei establece que «os prezos privados serán fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da de Economía e Facenda, atendendo ás condicións e circunstancias do mercado en que operen, sen prexuízo de que excepcionalmente poidan aplicarse subvencións reguladoras. Para estes efectos, a consellería correspondente remitirá á de Economía e Facenda o proxecto normativo xunto coa memoria económica en que se xustifiquen os aspectos anteriores. A norma que fixe estes prezos deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia».
Na súa virtude, vista a proposta formulada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e logo do informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único
1. Quedan aprobados os prezos privados de venda ao público das publicacións editadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade que se relacionan no anexo.
2. Estes prezos entenderanse co IVE incluído.
Disposición derradeira única
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2021
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
ANEXO
– Exlibris gallaeciae. Dos libros de Galicia. 30 €.
– Orinoco. Viaxe a un mundo perdido. 25 €.
– Auga doce. Agua dulce. 30 €.
– Cinegalicia 25. 18 €.
– Camiño (A orixe)=Camino (El origen). 18 €.
– Camino (The origin)=Caminho (A origem). 18 €.
– José Suárez. Ollos vivos que pensan. 25 €.
– Rostros do país. 15 €.
– Da árbore á cadeira. 30 €.
– Lamazares. Flor Novoneyra. 20 €.
– Baldomero Pestana: A verdade entre as mans. 35 €.
– Galicia Universal. A arte galega nas coleccións Abanca e Afundación. 30 €.
– Castelao maxistral. 30 €.
– Valor e mestría. Galicia como fútbol. 25 €.
– Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia=Pensar con las manos. Cestería, cerámica y joyería de Galicia. 42 €.
– Galicia, de nós a nós. 30 €.
– As miradas de Isaac: Centenario de Isaac Díaz Pardo (1920-2020). 35 €.
– Mural porcelana: Magdalena Seoane 1959-2020. Museo Gaiás: Cidade da Cultura, Santiago de Compostela, decembro de 2020. 10 €.