Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 17 de marzo de 2021 Páx. 15274

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cospeito

ANUNCIO de notificación de procedemento de orde de execución relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentouse sen efecto a notificación dos actos que se indican por razóns non imputables á Administración.

Ao non ser posible efectuar a comunicación a que se refire o artigo 22.2 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos propietarios das parcelas que se relacionan a continuación, por razóns non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, fanse públicas as comunicacións de xestión da biomasa.

Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no BOE para que sirva de notificación ás persoas interesadas, que serán informadas de que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Cospeito (avenida Terra Chá, 29, 27377 Cospeito, Lugo).

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación, a comunicación se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e que os custos repercutirán ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obrigación das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión de biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Nº de expediente

Ref. catastral

Localización

Persoa responsable

471/2019

27015A041001470000SK

A Fraga-Pino-Cospeito

Javier Emilio Arcenegui Linares (herdeiros de)

568/2020

27015A071001270000SM

Prado da Porta-Cospeito

Ermitas Ares Pardeiro

610/2020

27015A027003810000SS

Roza Fonterrega-Cospeito

Ángeles Díaz Vázquez (herdeiros de)

611/2020

27015A027003940000SP

O Marcelo-Cospeito

Irene Díaz Cabana

612/2020

27015A027004000000SO

A Feira do Monte-Cospeito

Jesús Fernández López

614/2020

27015A027004570000SL

O Marcelo-Cospeito

Divina Cecilia Díaz Cabana (herdeiros de)

662/2020

27015A077000850000SO

A Fonte-Cospeito

Jesús Otero Senra

668/2020

27015A044000980000SGL

Vila-Cospeito

Modesto Dorado Díaz (herdeiros de)

Cospeito, 26 de xaneiro de 2021

Armando Castosa Alvariño
Alcalde presidente