Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 18 de marzo de 2021 Páx. 15467

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 298/2020).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 298/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jean Carlos Vélez Yunga contra Maalsa Elevator, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a Sentenza 93/2021, do 17 de febreiro, en que se estima a demanda, e contra a cal cabe interpoñer recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Maalsa Elevator, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza