Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 5/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Prado Cardalda contra a empresa Transpobedasa 2012, S.L., sobre ordinario, se ditou decreto de insolvencia, impugnable en revisión no prazo de tres días, o cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.
E para que sirva de notificación en legal forma a Transpobedasa 2012, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Pontevedra, 1 de marzo de 2021
A letrada da Administración de xustiza