Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 23 de marzo de 2021 Páx. 16020

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 21/2021).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 21/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Saúl Fontán Ribada contra a empresa Croma Pintores 2018, S.L., sobre despedimento, se ditaron as seguintes resolucións:

Auto en que se despacha execución, do 26 de febreiro de 2021, impugnable en reposición no prazo de tres días, o cal se encontra á súa disposición na sede do Xulgado.

Dilixencia de ordenación e Decreto, do 26 de febreiro de 2021, impugnables en revisión no prazo de tres días, os cales se encontran á súa disposición na sede do Xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Croma Pintores 2018, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 26 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza