Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 23 de marzo de 2021 Páx. 16001

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2021 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

Mediante a Resolución do 15 de xaneiro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 17, do 27 de xaneiro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei e o artigo 17.4 do citado decreto,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlles o destino, nos postos de traballo que se indican, ás persoas funcionarias de carreira que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión da praza adxudicada será de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. No caso de que a persoa adxudicataria obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles e computarase desde a data da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lles fosen concedidos ás persoas interesadas. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel no que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales darán traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 5.12.2018; DOG núm. 243, do 21 de decembro)
Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Apelidos e nome: Pérez Fernández, María Eugenia.

Nº rexistro persoal: ****855835 A2060.

Corpo ou escala: superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Subgrupo: A1.

Posto de traballo: subdirector/a xeral de Innovación, Orientación e Formación de Recursos Humanos.

Código: ED.601.00.001.15770.001.

Nivel: 30.

Centro directivo: Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Vázquez Mariño, Carlos.

Nº rexistro persoal: ****447602 A0590.

Corpo ou escala: profesores de ensino secundario.

Subgrupo: A1.

Posto de traballo: subdirector/a xeral de Formación Profesional.

Código: ED.601.00.002.15770.001.

Nivel: 30.

Centro directivo: Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Mira Fernández, Iván.

Nº rexistro persoal: ****690624 A0510.

Corpo ou escala: inspectores de Educación.

Subgrupo: A1.

Posto de traballo: subdirector/a xeral de Ordenación, Inspección e Avaliación do Sistema Educativo.

Código: ED.601.00.005.15770.001.

Nivel: 30.

Centro directivo: Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

Localidade: Santiago de Compostela.