Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 23 de marzo de 2021 Páx. 16027

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 86/2020).

ETX. Execución de títulos xudiciais 86/2020

Procedemento de orixe: DOI. Despedimento obxectivo individual 403/2019

Sobre despedimento

Demandante: Diana Pousada Estévez

Avogada: Inés Puga Iglesias

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Fun Kitchen, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 86/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diana Pousada Estévez contra Fun Kitchen, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto 38/2021.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2021.

Parte dispositiva:

Acordo:

1. Decretar a suspensión desta execución.

2. Arquivar provisionalmente os autos; as partes poderán solicitar a súa continuación unha vez que se dite resolución que poña fin ao procedemento concursal seguido contra a executada.

3. Comunicar este acordo ao Xulgado Mercantil do concurso e a Juan Manuel Capella Pérez, en calidade de administrador concursal.

4. Respecto ao escrito presentado por Diana Pousada Estévez, únase sen máis trámite e sométase ao anteriormente acordado.

Modo de impugnación. Poderase interpoñer recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución, mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida ao xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (artigo 188.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpor recurso de 25 euros na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 do Banco Santander, S.A. e indicar, no campo Concepto, Recurso seguido do código “31 Social-revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación Recurso seguida do código 31 “Social-revisión”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo Observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Fun Kitchen, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza