Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de lo Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 832/2018 deste xulgado se ditou decreto, do 1.3.2021, contra o cal se poderá interpor recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).
Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da dita resolución na secretaría deste xulgado.
E para que sirva de notificación en legal forma a Element Factory, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa notificación a través do Diario Oficial de Galicia e do taboleiro de anuncios deste xulgado.
Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2021
A letrada da Administración de xustiza