O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 15 de febreiro de 2021, resolución pola que se impón unha quinta multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 20.5.2015, 17.3.2017, 8.3.2018, 13.3.2019 e 7.2.2020, nas cales se declaran ilegalizables as obras consistentes na construción de catro construcións de madeira, destinadas a vivendas, no lugar de Rañoa, parroquia de Mazoi, no termo municipal de Lugo, provincia de Lugo, por seren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente, e se ordena a súa demolición.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a María do Carmo Guedes Vieira, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a devandita resolución, por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución, a interesada pode interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste, e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2021
Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística