En aplicación do disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción por Lei 9/2017 de medidas fiscais e administrativas), publícase a referencia do expediente e a referencia catastral de dúas parcelas en situación de risco de incendio, nun caso, porque non resulta coñecido o titular, e nos outros tres casos, porque non foi posible notificar, outras fases do procedemento, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, en fase xa de execución subsidiaria a cargo do concello, con liquidación provisional de custos de execución da xestión de biomasa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados, fronte a incendios forestais.
O texto íntegro da incoación do procedemento de execución subsidiaria, con liquidación provisional de custos, atópase á disposición dos interesados no Servicio de Urbanismo do Concello de Oia.
Expediente |
Polígono-parcela-lugar |
Interesado |
Referencia catastral |
Liq. provisional |
1055/2020 |
Serraseca/5/520 |
En investigación |
36036A005005200000QF |
27,83 |
1055/2020 |
Serraseca/5/163 |
Abilio Pérez Martínez |
36036A005001630000QQ |
22,52 |
En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Oia, 5 de marzo de 2021
Cristina Correa Pombal
Alcaldesa