Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 26 de marzo de 2021 Páx. 16766

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 16 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Cooperativas Ourensanas, S.C.G. para unha explotación porcina na parroquia de Couso de Limia, concello de Sandiás (expediente 2019-IPPC-M-112).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31.12.2016) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19.10.2013) regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– «Memoria de renovación de autorización ambiental integrada, DIOCESIS».

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes.

O documento estará ao dispor dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumo

Expediente: 2019-IPPC-M-112.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2007/0040_NAA/IPPC_121.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 9.3.b).

Titular: Cooperativas Ourensanas, S.C.G.

CIF: B32001976.

Enderezo social: Centro de Procesado Avícola, Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense).

Localización da instalación: parroquia de Couso de Limia, concello de Sandiás (Ourense).

Actividade principal: explotación porcina de porcos de ceba.

Descrición: a explotación dispón de 4.050 porcos de ceba distribuídos en 5 naves. A instalación conta cun depósito de auga potable, silos para o almacenamento do penso e un turbo de calor móbil en alugamento, alimentado con gasóleo para o acondicionamento da temperatura dos leitóns. Ademais, existe un conxunto de fosas interiores e exteriores que garanten o almacenamento do xurro producido durante 6 meses.

Verteduras: as augas residuais xeradas nos aseos e vestiarios son conducidas cara a unha arqueta de retirada do xurro. As aguas residuais procedentes da limpeza das naves son recollidas nas fosas interiores xunto co xurro producido, para seren xestionadas posteriormente co dito xurro. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.

O xurro xerado será valorizado como fertilizante en parcelas de uso agrícola.