Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 26 de marzo de 2021 Páx. 16738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2021/20-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública as peticións de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción, e da declaración de utilidade pública, en concreto, que segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA DC SCV810-SCV825, apoios nº D12 e nº D13.

Situación: concello de San Cibrao das Viñas.

Características técnicas: substitución por deterioración dos apoios D12, con derivación ao CT 32C432, e D13, por apoios celosía metálicos C-18/2000-E30 e C-16/3000-E30 respectivamente, e novo treito de condutor LA-110 DC entre apoios D11 e D14, sendo a lonxitude do novo van de liña de 265 m, con orixe no apoio D11 da LMT DC SCV810/SCV825 e final no apoio D14.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións dirixidas a esta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, nº 1, 4º, 32071 Ourense, no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta nesta xefatura territorial e no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Ourense, 4 de marzo de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Nº de expediente: IN407A 2021/20-3.

Termo municipal: San Cibrao das Viñas.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA DC SCV810-SCV825, apoios nº D12 e nº D13.

Predio nº: 1.

Lugar: Rasgada.

Cultivo: prado.

Referencia catastral: 32076A03700478.

Titular: Sara Sanmamed.

Afección: superficie 4 m2 de ocupación para os apoios D12 e D13.

Servidume voo: 92,3 m, que representan 1.038,5 m2 de superficie afectada.

Predio nº: 2

Lugar: Rasgada.

Cultivo: prado.

Referencia catastral: 32076A03700474.

Titular: Marina Álvarez Abraldes.

Afección: servidume voo: 19,7 m, que representan 332,6 m2 de superficie afectada.