De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
Referencia catastral |
Data de inspección |
Parroquia |
Lugar/polígono/ parcela |
Hectáreas afectadas por execución subsidiaria |
Liquidación provisional dos traballos de xestión de biomasa (€) |
Persoa responsable |
69911G4NG1569S |
7.12.2020 |
Donas (Santa Baia de) |
San Cibrán/69911/G4 |
0,056 |
221,87 |
En inv. |
69911G5NG1569S |
7.12.2020 |
Donas (Santa Baia de) |
San Cibrán/69911/G5 |
0,031 |
123,91 |
Diego Otero María |
2322809NG2622S |
17.9.2020 |
Morgadáns (Santiago de) |
San Roque/23228/09 |
0,013 |
52,73 |
En inv. |
2322804NG2622S |
17.9.2020 |
Morgadáns (Santiago de) |
San Roque/23228/04 |
0,014 |
53,64 |
En inv. |
2322815NG2622S |
17.9.2020 |
Morgadáns (Santiago de) |
San Roque/23228/15 |
0,014 |
56,63 |
En inv.. |
2322817NG2622S |
17.9.2020 |
Morgadáns (Santiago de) |
San Roque/23228/17 |
0,014 |
55,34 |
Pérez Pérez Francisco |
2322805NG2622S |
17.9.2020 |
Morgadáns (Santiago de) |
San Roque/23228/05 |
0,021 |
82,14 |
Gonda José |
2322515NG2622S |
17.9.2020 |
Morgadáns (Santiago de) |
San Roque/23228/15 |
0,098 |
386,51 |
En inv. |
54021A10500184 |
3.11.2020 |
Borreiros (San Martiño de) |
Guntín/105/184 |
0,054 |
91,89 |
En inv. |
54021A05400406 |
4.3.2021 |
Donas (Santa Baia de) |
Leiras Longas/54/406 |
0,048 |
80,42 |
En inv. |
54021A03300116 |
28.8.2020 |
Gondomar (San Bieito de) |
Gondomar/33/116 |
0,198 |
784,33 |
En inv. |
0024409NG2602S |
1.1.2020 |
Gondomar (San Bieito de) |
Centro urbano/244/09 |
0,082 |
322,28 |
En inv. |
9926628NG1692N |
1.1.2020 |
Gondomar (San Bieito de) |
Centro urbano/99266/28 |
0,027 |
105,05 |
En inv. |
9926603NG1692N |
1.1.2020 |
Gondomar (San Bieito de) |
Centro urbano/99266/03 |
0,037 |
148,04 |
En inv. |
7503552NG1670S |
9.9.2020 |
Donas (Santa Baia de) |
O Pereiro/75035/52 |
0,020 |
78,22 |
En inv. |
7503553NG1670S |
9.9.2020 |
Donas (Santa Baia de) |
O Pereiro/75035/53 |
0,012 |
46,40 |
En inv. |
54021A09000051 |
19.1.2020 |
Mañufe (San Vicente de) |
Seidóns/90/51 |
0,041 |
164,02 |
En inv. |
54021A03800802 |
9.2.2021 |
Vilaza (Santa María de) |
A Rochela/38/802 |
0,014 |
53,74 |
Valverde Prado Ángel |
54021A03800677 |
9.2.2021 |
Vilaza (Santa María de) |
A Rochela/38/677 |
0,024 |
93,77 |
Diaz Cea Florentina |
54021A03800675 |
9.2.2021 |
Vilaza (Santa María de) |
A Rochela/38/675 |
0,005 |
18,00 |
Méndez Rodríguez Concepción |
54021A03800670 |
9.2.2021 |
Vilaza (Santa María de) |
A Rochela/38/670 |
0,006 |
24,70 |
Matos Quintas Hnos Manuel |
54021A03800641 |
9.2.2021 |
Vilaza (Santa María de) |
A Rochela/38/641 |
0,022 |
88,34 |
Fernández Hermida Isolina |
6812216NG1661S |
28.12.2020 |
Borreiros (San Martiño de) |
Aciquelos/68122/16 |
0,063 |
249,97 |
En inv.. |
3014511NG2631S |
15.12.2020 |
Morgadáns (Santiago de) |
Os Carballás/30145/11 |
0,052 |
207,51 |
En inv.. |
54021A07500223 |
15.12.2020 |
Morgadáns (Santiago de) |
Os Carballás/75/223 |
0,182 |
721,09 |
Descoñecido |
54021A10900591 |
8.3.2021 |
Donas (Santa Baia de) |
O Meixón/109/591 |
0,141 |
558,81 |
En inv.. |
* En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003
1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección referenciada se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario e xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, a espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.
3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso.
4º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:
a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):
1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.
2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:
a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.
b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.
c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.
3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21 ter.
b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.
c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b)
d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.
Gondomar, 9 de marzo de 2021
O alcalde
P.D. (Resolución Alcaldía do 29.8.2019)
Brais Misa García
Concelleiro de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica