Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 29 de marzo de 2021 Páx. 17119

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación das bases xerais e específicas e da convocatoria de prazas incluídas na oferta de empleo público de 2020.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 43, do 5.3.2021, publicáronse as bases xerais das convocatorias das prazas incluidas na oferta de emprego público de 2020.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 49, do 15.3.2021, publicáronse as bases específicas que regulan as convocatorias para cubrir unha praza de oficial administrativo, subescala de auxiliar de administración xeral (funcionario de carreira) e unha de operario de servizos varios-tractorista (persoal laboral), vacantes no cadro de persoal deste concello, incluidas na oferta de emprego público de 2020.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse na forma prevista nas propias bases.

Bergondo, 22 de marzo de 2021

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa