Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 29 de marzo de 2021 Páx. 17121

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO da convocatoria dos procesos selectivos para a cobertura de prazas vacantes de persoal funcionario e laboral fixo incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2017 e 2019.

As bases xerais que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral no Concello de Redondela publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 50, do 13.3.2015, e as súas rectificacións nos BOPPO núm. 77, do 22.4.2016, e núm. 25, do 8.2.2021, e as bases específicas das seguintes prazas publicáronse integramente no BOPPO núm. 25, do 8.2.2021.

Persoal funcionario:

– Dúas prazas de administrativo/a, encadradas na escala de administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1, polo sistema de oposición libre, mediante o procedemento de promoción interna.

– Unha praza de oficial de ambiente (fontaneiro/a), encadrada na escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, categoría de oficial, grupo C, subgrupo C2, por oposición libre.

– Unha praza de operario/a de obras e servizos, equiparada a outras agrupacións profesionais sen requisito de titulación da función pública (disposición adicional sexta do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público), encadrada na escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, categoría de operario/a, por oposición libre.

Persoal laboral fixo:

– Unha praza de oficial de xardíns, equiparada ao grupo C, subgrupo C2 da función pública, categoría de oficial, polo sistema de oposición libre, mediante o procedemento de promoción interna.

Redondela, 26 de febreiro de 2021

Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa