Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 30 de marzo de 2021 Páx. 17184

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 24 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR446A).

No marco da reforma da política agrícola común (PAC) ditouse unha nova organización común do mercado, en virtude do Regulamento (UE) nº 1308/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1037/2001 e (CE) nº 1234/2007, (OCM única), con relación ao sector vitivinícola, que recolle medidas de apoio elixibles dentro dun único programa nacional pero cuxo proxecto, de carácter quinquenal, poderá ter en conta as peculiaridades territoriais.

A nivel estatal, na actualidade, o conxunto destas novas medidas inclúese no Real decreto 1363/2018, do 2 de novembro, para a aplicación das medidas do Programa de apoio 2019-2023, ao sector vitivinícola español.

Neste contexto, a reestruturación e reconversión de viñas é unha das medidas admisibles do dito Programa de apoio ao sector vitivinícola que en Galicia son obxecto de financiamento da Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).

En síntese, estas axudas para a reestruturación e reconversión de viñas son unha continuación de anteriores programas de apoio que, dados os seus positivos efectos estruturais en Galicia se deben manter e, a súa vez, priorizar fixando os obxectivos estratéxicos para satisfacer as necesidades peculiares do sector vitivinícola galego.

Ademais, desde o 1 de xaneiro de 2016 e ata 2030, a nivel da Unión Europea é directamente aplicable un novo réxime de autorización para plantación de viñas de vinificación, en substitución do anterior réxime transitorio de dereitos de plantación, que ten a súa transposición no Real decreto 1338/2018, do 29 de outubro, polo que se regula o potencial de produción vitícola.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Disposición xerais

Artigo 1. Obxecto e finalidade

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia (procedemento administrativo MR446A) e realizar a súa convocatoria para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, conforme os requisitos e condicións establecidas para esta medida nas disposicións xerais do ámbito comunitario, estatal e autonómico e, en particular, no Real decreto 1363/2018, do 2 de novembro, para a aplicación das medidas do Programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español.

2. O apoio para esta medida aplicarase ás viñas da Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación, cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantacións de vide para calquera das superficies de viña da súa explotación.

Artigo 2. Definicións

Os termos utilizados nesta orde coinciden cos establecidos na normativa comunitaria vixente e na lexislación básica estatal. Así mesmo, para os efectos da aplicación desta orde entenderase por:

a) Explotación: todas as unidades utilizadas para actividades agrícolas e administradas por unha persoa agricultora e situadas no territorio español, de acordo coa definición da letra b) do punto 1 do artigo 4 do Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen normas aplicables aos pagamentos directos ás persoas agricultoras en virtude de réximes de axudas incluídos no marco da política agraria común e polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 637/2008 e (CE) nº 73/2009 do Consello.

b) Viticultor: a persoa física ou xurídica, ou agrupación de persoas físicas ou xurídicas, con independencia da forma xurídica da agrupación ou dos seus membros, que cultive a superficie plantada de viñedo, tendo á súa disposición a superficie en cuestión en propiedade, ou en réxime de arrendamento ou parzaría, ou calquera outra forma conforme co dereito que poida demostrar mediante documento liquidado dos correspondentes tributos. Tamén se aplicará esta definición á persoa física ou xurídica xa inscrita no Rexistro Vitícola como viticultor dunha superficie plantada de viña o 31 de xullo de 2017.

c) Futuro viticultor: persoa física ou xurídica, ou agrupación de persoas físicas ou xurídicas, con independencia da forma xurídica da agrupación ou dos seus membros, como as comunidades de bens ou as explotacións de titularidade compartida, que sexa titular dunha resolución de arrinca, autorización de replantación, dereito de replantación ou autorización por conversión de dereitos inscritos ao seu nome no Rexistro Vitícola, e que non sexa viticultor segundo a definición anterior.

d) Agricultor mozo: a persoa que no momento de presentar a solicitude da axuda teña feitos os dezaoito anos e non teña cumprido os corenta e un anos, e sexa titular dunha explotación agraria, de xeito individual, como cotitular ou como socio.

e) Agricultor profesional: a persoa física que, sendo titular dunha explotación agraria, obteña polo menos o 50 por cento da súa renda total de actividades agrarias ou outras actividades complementarias, sempre e cando a parte de renda procedente directamente da actividade agraria non sexa inferior ao 25 por cento da súa renda total e o volume de emprego dedicado a actividades agrarias ou complementarias sexa igual ou superior á metade dunha unidade de traballo agrario.

f) Arrinca: a eliminación total de todas as cepas que se atopen nunha superficie plantada de vide. Esta arrinca inclúe a eliminación tanto do portaenxerto como da parte aérea da planta.

g) Campaña vitícola: campaña que comeza o 1 de agosto de cada ano e remata o 31 de xullo do ano seguinte.

h) Acción: aquelas actuacións especificadas no anexo VI como subvencionables, conforme o artigo 9 desta orde.

i) Operación: conxunto de accións tendentes a conseguir a reestruturación e reconversión dunha superficie de viña determinada e incluída na solicitude destas axudas dun viticultor.

j) Operación anual: conxunto de accións para a reestruturación e/ou reconversión que finalizarán no exercicio financeiro seguinte ao que se solicita a axuda, e para a que debe solicitarse o pagamento da axuda entre a data de notificación da axuda e o 31 de maio de 2022.

k) Operación bianual: conxunto de accións para a reestruturación e/ou reconversión que finalizarán nos dous exercicios financeiros seguintes ao que se solicita a axuda e para a que debe solicitarse o pagamento da axuda entre o 16 de outubro do 2022 e o 31 de maio de 2023.

l) Parcela de viña: superficie continua de terreo na cal un só viticultor cultiva a vide, formada por un conxunto de recintos cunha ou varias referencias alfanuméricas, representada graficamente no Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac).

m) Propietario: a persoa física ou xurídica ou agrupación de persoas físicas ou xurídicas, con independencia da forma xurídica da agrupación ou dos seus membros, ou ente sen personalidade xurídica, que ten o dereito real de propiedade sobre a parcela onde se atopa a viña.

n) Sobreenxerto: o enxerto efectuado sobre unha vide xa enxertada con anterioridade.

o) Titular de arrinca: a persoa viticultora a cuxo nome se emite a resolución de arrinca.

p) Titular de autorización: a persoa que ten inscrita a autorización ao seu nome no Rexistro Vitícola.

q) Titular do dereito de plantación: a persoa que ten inscrito o dereito de plantación ao seu nome no Rexistro Vitícola antes do 31 de decembro de 2015.

r) Variedade de portaenxerto: variedade de vide cultivada para a produción de material vexetativo de vide e da que se obteña a parte subterránea da planta tamén denominada barbado ou patrón.

s) Variedade de uva de vinificación: variedade de vide cultivada, de forma habitual, para a produción de uva destinada á elaboración de viños de consumo humano.

CAPÍTULO II

Bases reguladoras

Artigo 3. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas viticultoras e futuros viticultores cuxos viñedos se destinen á produción de uva para vinificación.

2. Non poderán ser beneficiarios:

a) Aquelas persoas viticultoras que contraveñan a normativa vixente en materia de plantacións de viña, para calquera das superficies de viña da súa explotación.

b) Aquelas persoas viticultoras que renunciasen á axuda dunha operación solicitada en convocatorias anteriores no marco do PASVE 2019-2023, unha vez aprobada, excepto que comunicasen a súa renuncia no prazo de 10 días desde a súa notificación.

c) Aquelas persoas viticultoras que non solicitasen o pagamento dunha operación, unha vez finalizado o prazo para presentar a solicitude de pagamento dentro do segundo exercicio financeiro posterior ao que se solicitou a axuda, salvo causas de forza maior e circunstancias excepcionais que poden recoñecerse conforme os casos previstos no punto 2 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013.

Artigo 4. Requisitos das persoas beneficiarias

Os requisitos a cumprir polas persoas beneficiarias son:

1. Só poderán figurar nunha única solicitude, agás que a reestruturación e/ou reconversión se leve a cabo en distintas provincias.

2. Deberán ter presentada a declaración de colleita de uva da campaña anterior, agás que non tivesen a obriga de presentala.

3. Cumprir cos requisitos establecidos nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. As comunidades de bens ou sociedades civís deberán cumprir as exixencias previstas para estas agrupacións no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo que deberán facer constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como a porcentaxe da subvención que se vai aplicar por cada un deles (anexo I), que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Tamén deberán nomear un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario correspondan á agrupación. Así mesmo, deberán acreditar a existencia dun pacto de indivisión da comunidade por un período mínimo de, polo menos, dez campañas contadas desde a campaña seguinte á que solicite o pagamento final.

Artigo 5. Solicitudes das axudas de reestruturación e reconversión da viña

1. A medida de reestruturación e reconversión de viñas levarase a cabo a través de solicitudes para á reestruturación e á reconversión de viñas, nas que figurarán as operacións que se deberán realizar, así coma o detalle das accións de cada unha delas.

2. As solicitudes poderán conter operacións anuais ou bianuais, con ou sen anticipo.

3. As solicitudes poderanse presentarse de forma:

a) Colectiva, con un mínimo de 5 persoas viticultoras.

b) Individual.

4. As solicitudes colectivas executaranse no marco dun acordo celebrado entre todas as persoas viticultoras participantes. Este acordo incluirá a designación dun representante. Así mesmo, no dito acordo recollerase o compromiso das persoas viticultoras de dispoñer dun técnico agrario (con titulación de enxeñeiro Agrónomo, enxeñeiro técnico Agrícola, ou grao en Enxeñería Agrícola e do Medio Rural). O representante poderá exercer como técnico sempre que reúna a titulación exixida.

Artigo 6. Condicións das solicitudes de reestruturación e reconversión da viña

Para poder acceder a estas axudas, cumpriranse as seguintes condicións:

1. A superficie total reestruturada e/ou reconvertida será, polo menos, dunha hectárea (1 ha) para as colectivas e 0,2 ha para as individuais.

2. O ámbito territorial das solicitudes non será superior ao dunha provincia, agás que se faga en terreos dunha denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida (DOP/IXP) e que a súa zona de produción comprenda máis dunha provincia.

3. A parcela de viña, unha vez reestruturada ou reconvertida será polo menos de 100 m2. Malia o anterior, nos casos en que a medida se limite a accións de reenxerta e/ou cambio de sistema de condución, a superficie mínima será aquela con que a parcela figura no Rexistro Vitícola de Galicia.

4. A superficie máxima elixible será de 10 hectáreas por persoa viticultora e ano.

Artigo 7. Forma e lugar de presentación das solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365 ).

Nas ditas solicitudes indicarase o tipo de operación que se vai realizar, anual ou bianual, se solicita anticipo para algunha destas dúas anualidades, así como o detalle das accións subvencionables entre outra información, de obrigado cumprimento con suxeición estrita ao seu calendario de execución, nos termos previstos nesta orde.

Artigo 8. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude, deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Investimentos subvencionables

1. O apoio á reestruturación e reconversión de viñedos só poderá concederse para unha o varias das actividades seguintes:

a) A reimplantación de viñas.

b) A reconversión varietal.

c) A mellora das técnicas de xestión de viñas.

As accións de reestruturación e reconversión elixibles, as súas características e os seus baremos estándar de custos unitarios recóllense no anexo VI desta orde.

2. Non se subvencionará:

a) As accións de forma illada, a excepción da sobreenxerta, ou do cambio de vaso a espaldeira ou a outro sistema de condución.

b) A renovación normal dos viñedos que chegasen ao final do seu ciclo natural, entendida como a replantación dunha mesma parcela de terra coa mesma variedade de uva de vinificación e segundo o mesmo método de cultivo.

c) As operacións de xestión diaria dun viñedo.

d) A protección contra danos ocasionados pola caza maior, aves ou sarabia.

e) Construcións de cortaventos e muros de protección contra o vento.

f) Vías de acceso e elevadores.

g) Adquisición de vehículos agrícolas.

h) As accións realizadas con material de segunda man.

i) As superficies que foron beneficiarias desta axuda nas últimas 10 campañas, salvo para o cambio de vaso a espaldeira ou a outro sistema de condución, e salvo causas de forza maior ou circunstancias excepcionais segundo se recolle no artigo 2.2 do Regulamento (UE) nº 1306/2013, do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, e sempre e cando non se utilice a mesma variedade de uva de vinificación e o mesmo método de cultivo que había na dita superficie.

j) As superficies plantadas cunha autorización de nova plantación concedida en virtude dos artigos 63 e 64 do Regulamento (UE) nº 1308/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, durante os primeiros cinco anos desde a data de plantación.

k) As operacións que vaian levarse a cabo cunha autorización de nova plantación concedida en virtude dos artigos 63 e 64 do Regulamento (UE) nº 1308/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

l) O imposto do valor engadido (IVE).

Artigo 10. Comezo da subvencionabilidade

Serán subvencionables as accións realizadas con posterioridade á presentación da solicitude da axuda en tempo e forma tras a correspondente convocatoria pública, tendo en conta que a simple presentación da solicitude en modo ningún garante a súa aprobación.

Non se aprobarán aquelas solicitudes que na data da inspección inicial a que fai referencia o parágrafo seguinte xa tivesen realizado nalgunha das parcelas unha plantación sen autorización da autoridade competente. Tampouco se subvencionarán aquelas accións que na data da inspección inicial estiveran executadas ou dese comezo a súa execución.

A Consellería do Medio Rural efectuará, con anterioridade á concesión das axudas, unha inspección inicial sobre o terreo dos datos incluídos na solicitude e determinará, en función das características da parcela, a necesidade das accións de retirada de pedras, cambio de sistema de condución, socalcamento e/ou a de nivelación do terreo se estas accións están incluídas no expediente.

Artigo 11. Tramitación e resolución das axudas

1. Cada xefatura territorial da Consellería do Medio Rural instruirá os expedientes correspondentes ao seu ámbito xeográfico, realizando de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales informará ao órgano colexiado da admisibilidade dos expedientes.

Se a solicitude de axuda non reúne os requisitos previstos, ou non se presenta cos documentos preceptivos, requirirase para que, no prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fai, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución, de conformidade co disposto nos artigos 68.1 e 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Verificado o cumprimento dos requisitos para a concesión da axuda, o órgano colexiado aplicará os criterios de prioridade para que a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias formule a proposta de resolución. Este órgano estará presidido polo subdirector xeral de Explotacións Agrarias, e integrado por tres funcionarios desa mesma subdirección xeral con categoría non inferior a xefe de negociado, un dos cales actuará como secretario.

3. A persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da consellería, vista a proposta, ditará a correspondente resolución de concesión da subvención e o seu importe previsto, segundo as normas e criterios establecidos nesta orde, no prazo de 5 meses contados a partir da data de remate do prazo de solicitude. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase e notificase a correspondente resolución, a persoa solicitante poderá entender desestimada a súa solicitude.

4. De conformidade co artigo 33.3 do Real decreto 1363/2018, do 2 de novembro, unha vez coñecidas as dispoñibilidades financeiras para a reestruturación e reconversión de viñedo, acordadas pola Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural, o orzamento distribuirase da seguinte forma:

a) En primeiro lugar, detraeranse do montante asignado os fondos que se consideren necesarios para atender os pagamentos pendentes do exercicio en curso ou exercicios anteriores que teñan que efectuarse no exercicio Feaga seguinte.

b) Os fondos restantes constituirán o orzamento dispoñible para aprobar as operacións das novas solicitudes cuxos pagamentos deban executarse no exercicio Feaga seguinte.

Determinado o orzamento dispoñible para as novas solicitudes anuais, poderanse aprobar solicitudes novas de operacións bianuais. En calquera caso, na aprobación definitiva destas operacións bianuais non se poderá comprometer un importe que supoña máis do 50 % da asignación recibida para o exercicio Feaga, todo iso de conformidade co artigo 34.4 do Real decreto 1363/2018, do 2 de novembro.

Só se emitirá resolución aprobatoria sobre aqueles solicitudes para as que existan fondos suficientes e ordenadas, se é o caso, conforme os criterios do artigo 25 desta orde.

Artigo 12. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia, Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 13. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas nesta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. A solicitude de modificación presentarase como moi tarde 4 meses antes de que remate o prazo de execución, e deberá estar debidamente xustificada, non comprometer o obxectivo global da operación, non incrementar o importe da axuda inicialmente concedida, non supor cambios na admisibilidade e non modificar a puntuación obtida, tras a aplicación dos criterios de prioridade, se isto supón quedar por debaixo da puntuación de corte entre as solicitudes aprobadas e non aprobadas.

A autorización destes cambios, pola persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación do conselleiro do Medio Rural, será anterior á execución destes, e nos casos que sexa necesario irá precedida da correspondente certificación de non inicio. O prazo para resolver estes cambios será dun mes. Se, transcorrido o prazo para ditar a correspondente autorización, esta non se producise, o beneficiario entenderá denegada a súa petición de cambio de investimento.

3. Non requirirán autorización previa a súa execución as pequenas modificacións, como as seguintes, admitidas pola Comunidade Autónoma, sempre que as persoas beneficiarias comuniquen a dita modificación, como moi tarde, xunto coa solicitude de pagamento da axuda:

– No caso do cambio da variedade aprobada por outra recomendada na Comunidade Autónoma de Galicia ou o cambio do portaenxerto aprobado por outro que tamén sexa certificado.

– No caso dunha reimplantación aprobada en parte dun recinto, cambios da localización da superficie plantada, sempre que esta se localice dentro da mesma parcela e non se incremente a superficie aprobada inicialmente.

– No caso de modificacións na identificación catastral das parcelas ou recintos da solicitude aprobada como consecuencia de agrupacións/segregacións de parcelas e/ou concentracións parcelarias.

– Cambio do marco de plantación (número de cepas).

4. Para que se autorice a unha nova persoa viticultora a subrogación dos dereitos e obrigas derivados da axuda concedida, esta nova persoa deberá cumprir os requisitos exixidos para ser beneficiaria das axudas e asumir os compromisos adquiridos pola anterior viticultora a que se lle concedeu a axuda.

5. Para a modificación da resolución terase en conta as condicións recollidas polo artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. A consellería poderá rectificar de oficio a resolución cando dos elementos que figuren nela se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

Artigo 14. Recursos fronte ás resolucións de subvención

As resolucións de subvención ditadas ao abeiro desta orde, así como a desestimación presunta de solicitudes, poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades interesadas poida exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que venza o prazo para resolver previsto no artigo 11.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

Artigo 15. Incompatibilidade das axudas

1. Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda.

2. As persoas solicitantes das axudas previstas nesta orde xuntarán, coa solicitude inicial, unha declaración do conxunto de todas as solicitudes de axuda efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto polas distintas administracións públicas.

3. Así mesmo, coa xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do pagamento final, presentarán unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Artigo 16. Reintegro da axuda

1. Procederá o reintegro total ou parcial do importe da axuda máis os xuros de demora correspondentes, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos previstos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, que a desenvolve, tendo en conta as excepcións contidas.

2. Procederá o reintegro total nas seguintes circunstancias:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedirían.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente dos gastos xustificativos dos investimentos subvencionados.

d) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas na lei.

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) Incumprimento das obrigas impostas aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

g) Incumprimento das obrigas impostas aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

h) O beneficiario que incumpra a obriga de manter en cultivo as superficies acollidas a estas axudas un período mínimo de dez campañas contado desde a campaña seguinte á que solicitou o pagamento final deberá devolver a axuda percibida máis os xuros legais devindicados desde a data do pagamento, salvo causa de forza maior ou circunstancias excepcionais, ou nos casos de expropiacións.

3. No caso de que o beneficiario percibise un anticipo superior á axuda definitiva, deberá reembolsar a diferenza.

4. Non procederá o reintegro das axudas percibidas cando o incumprimento dalgún dos requisitos exixidos ao beneficiario sexa debido a algunha das seguintes causas de forza maior, motivadas e acreditadas documentalmente:

a) Falecemento do beneficiario.

b) Incapacidade laboral de longa duración do beneficiario.

c) Catástrofe natural grave que afecte considerablemente a explotación.

d) Enfermidade vexetal que afecte unha parte ou a totalidade dos cultivo do beneficiario.

e) Expropiación da totalidade ou dunha parte importante da explotación, se esta expropiación non era previsible o día en que presentou a solicitude.

5. Tampouco se producirá o reintegro cando, durante o período de compromiso contraído como condición para a concesión dunha axuda, se produza un cambio de titularidade da explotación, e o novo viticultor asuma os compromisos e obrigas, durante a parte restante do devandito período. De non asumirse o compromiso, a persoa beneficiaria estará obrigada a reembolsar as axudas percibidas.

Artigo 17. Controis, reducións, exclusións e sancións

1. Se o viticultor non executa a operación na superficie total para a que se lle aprobou a axuda, terase en conta a diferenza entre a superficie aprobada e a superficie realmente executada determinada polos controis sobre o terreo. Se esta diferenza non supera o 20 %, calcularase sobre a base da superficie determinada polos controis sobre o terreo. Se a diferenza é superior ao 20 %, pero igual ou inferior ao 50 %, calcularase sobre a base da superficie determinada polos controis sobre o terreo e reducida no dobre da porcentaxe da diferenza comprobada. Porén, non terá dereito á axuda no caso de que esta diferenza de superficie supere o 50 %.

2. No caso de que o beneficiario percibise un anticipo superior á axuda definitiva, deberá reembolsar a diferenza. Se, pola contra, a axuda definitiva resulta superior ao anticipo percibido, terá dereito ao cobramento da diferenza, sen que en ningún caso a axuda total sexa superior á inicialmente aprobada ou modificada.

3. No caso de que o solicitante presente a solicitude do anticipo fóra do exercicio financeiro que lle correspondería, a axuda que lle corresponda por esa operación reducirase nun 20 %, salvo causas de forza maior recollidas no artigo anterior.

4. No caso de que o solicitante presente a solicitude de pagamento fóra do exercicio financeiro que lle correspondería, a axuda que lle corresponda por esa operación reducirase nun 20 %, salvo causas de forza maior recollidas no artigo anterior. Con todo, non se poderá atrasar o exercicio financeiro cando este sexa o segundo exercicio financeiro posterior ao que se solicitou a axuda, salvo causas de forza maior ou circunstancias excepcionais. Cando o atraso sexa debido a causas de forza maior ou circunstancias excepcionais non se aplicará a redución da axuda recollida neste punto.

5. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, aos beneficiarios destas axudas seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e nos artigos 50 a 68 da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), de subvencións de Galicia.

6. Se se constatar que unha persoa beneficiaria, en calquera momento ao longo de tres anos a partir do 1 de xaneiro do ano seguinte ao ano natural en que se producise o primeiro pagamento da axuda en virtude da presente orde, non respectou na súa explotación os requisitos legais de xestión e as boas condicións agrarias e ambientais a que se refiren os artigos 91, 92, 93, 94 e 95 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e este incumprimento se deba a unha acción ou omisión imputable directamente ao beneficiario, o importe da axuda reducirase ou cancelarase, parcial ou totalmente, dependendo da gravidade, alcance, persistencia e repetición do incumprimento, e o beneficiario deberá reintegralo, se procede. Para os efectos deste control de condicionalidade, deberase dispoñer de información actualizada sobre as referencias alfanuméricas Sixpac de todas as parcelas que forman parte da explotación da persoa beneficiaria.

Artigo 18. Obriga de facilitar información

Ademais da documentación complementaria que durante a tramitación do procedemento lles poidan exixir os órganos competentes da Consellería do Medio Rural, os beneficiarios das axudas teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano de inspección ou control do Estado ou da Unión Europea.

Artigo 19. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016,do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 20. Medición das superficies reestruturadas e/ou reconvertidas

Para a determinación da axuda a que ten dereito a persoa viticultora pola reestruturación e/ou reconversión dunha superficie de viñedo e, se é o caso, pola arrinca dunha superficie de viñedo dentro da solicitude e a compensación por perda de renda derivada deste, atenderase ao disposto no artigo 37.10 do Real decreto 1363/2018, do 2 de novembro, que establece que unha superficie plantada de viñedo defínese mediante o perímetro externo das cepas máis unha marxe cuxa anchura corresponda á metade da distancia entre as filas.

CAPÍTULO III

Convocatoria

Artigo 21. Convocatoria

Convócanse para o exercicio orzamentario 2021, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a reestruturación e reconversión da viña en Galicia (procedemento administrativo MR446A) para a súa execución anual ou bianual, de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo II desta orde.

Artigo 22. Prazo de presentación das solicitudes de axuda

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 23. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Acreditación da persoa representante, se é o caso.

b) Anexo II: datos da solicitude colectiva, se é o caso.

c) Anexo III: acordo celebrado entre as persoas viticultora integrantes, só para as solicitudes colectivas.

d) Documentación xustificativa da propiedade ou disposición por calquera réxime de tenza da parcela onde se vai reestruturar e/ou reconverter a viña.

e) Anexo IV: relación Sixpac das parcelas agrícolas que integran a explotación.

f) Cartografía vixente cos datos identificativos dos recintos Sixpac incluídos na solicitude, tanto dos iniciais, como dos finais onde vai situarse a parcela reestruturada, cando esta non coincida coa inicial ou cando achega á solicitude autorizacións de replantación e/ou de plantación de viña por conversión de dereitos de plantación.

g) Para aquelas solicitudes cuxo peticionario sexa unha comunidade de bens ou unha sociedade civil, pacto de indivisión de, polo menos, dez campañas contadas desde a campaña seguinte á que solicitou o pagamento final.

h) As comunidades de bens deberán acreditar a súa constitución mediante a presentación dos estatutos e acta de constitución e deberán acreditar os requisitos dos seus comuneiros mediante a presentación de toda a documentación especificada para este tipo de entidades.

i) Comunicación ou autorización de cambio de actividade forestal a agrícola.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Non serán admitidas a trámite as solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido nesta convocatoria e resolverase a súa inadmisión, que deberá ser notificada aos interesados nos termos previstos no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Artigo 24. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificado da renda (IRPF).

f) Datos catastrais das parcelas.

g) Certificación descritiva e gráfica das parcelas.

h) Estar ao corrente de pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

i) Estar ao corrente de pagamento coa Seguridade Social.

j) Estar ao corrente de pagamento coa Atriga.

k) Concesións de subvencións e axudas.

l) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

m) DNI/NIE da persoa técnica da solicitude colectiva (se for o caso).

n) Título oficial universitario da persoa técnica da solicitude colectiva.

o) Vida laboral dos últimos 12 meses.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 25. Criterios de prioridade

1. Establécense os seguintes criterios de prioridade, obxectivos e non discriminatorios, adicionais aos establecidos a nivel nacional, con base na estratexia xeral desta medida e nos obxectivos estratéxicos fixados pola Comunidade Autónoma de Galicia:

a) Superficie reestruturada de viña baixo o ámbito dunha denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida (DOP/IXP) maior do 50 % da superficie pola cal se solicita axuda: 5 puntos.

b) Viticultor con seguro agrícola para a uva de vinificación contratado: 4 puntos.

c) Agricultor mozo: 3 puntos.

d) Agricultores profesionais. No caso de persoa xurídica polo menos o 50 % de socios deberán ter esta consideración: 3 puntos.

e) Presentación dunha solicitude colectiva: 2 puntos.

f) Viticultor que como resultado da reestruturación, se realiza un proceso de concentración de superficie nunha única parcela: 2 puntos.

g) Mulleres viticultoras. No caso de persoa xurídica, polo menos o 50 % de socios mulleres: 1 punto.

h) Explotación inscrita na sección de explotacións agrarias prioritarias do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia: 1 punto.

i) Explotacións de titularidade compartida: 1 punto.

2. No caso de empate a puntos, priorizaranse segundo a orde indicada no punto anterior.

3. A aplicación dos criterios de prioridade realizarase tendo en conta o momento de finalización do prazo de presentación da solicitude de axuda.

Artigo 26. Contía económica das axudas

As axudas poderán ser de:

a) Compensación por perda de ingresos: o importe da compensación por perda de renda que se aplicará a todas as solicitudes que cumpran os requisitos establecidos nesta orde, é de 2.226 €/ha e campaña. Concederase durante dúas campañas. Non terán dereito á compensación por perda de ingresos aquelas superficies reestruturadas coa achega dunha autorización de plantación non xerada na aplicación da solicitude de reestruturación, nin cando procedan dunha arrinca efectuada con anterioridade á solicitude da axuda.

Cando a operación que se leve a cabo sobre unha parcela de viña sexan a sobreenxerta ou o cambio de sistema de condución, concederase a compensación por perda de ingresos para esa superficie por unha soa campaña.

b) Custos de reestruturación e reconversión da viña: o 50 % do importe establecido como baremos estándar de custos unitarios indicados no anexo VI.

Artigo 27. Prazo de execución e xustificación

1. O prazo de execución e xustificación destas axudas será:

a) Para as solicitudes con operacións anuais, o prazo límite de execución e xustificación remata o 31 de maio de 2022, inclusive.

b) Para as solicitudes con operacións bianuais, o prazo de execución remata o 31 de maio de 2023, inclusive. Establecéndose o período entre o 16 de outubro de 2022 e o 31 de maio de 2023, como o prazo para solicitar o pagamento das operacións bianuais.

c) O prazo para solicitar un anticipo será dun mes desde a concesión da axuda.

2. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado a solicitude de pagamento, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Artigo 28. Xustificación e pagamento da axuda

1. Só serán subvencionables os investimentos que se realicen con posterioridade á data de inspección inicial e ata a data límite de realización dos investimentos, sempre e cando se dite resolución aprobatoria da axuda sobre os ditos investimentos.

2. Unha vez realizados os investimentos e, de ser o caso, os compromisos adquiridos, as persoas interesadas deberán comunicalo, accedendo á Carpeta cidadá mediante a acción «achega documentación xustificativa». Esta comunicación terá a consideración de solicitude de pagamento e irá acompañada da seguinte documentación:

a) No caso de material vexetal, acreditación do emprego de material vexetal certificado mediante a etiqueta correspondente ou certificado emitido por unha empresa autorizada.

b) No caso de desinfección, copia da ficha dos tratamentos fitosanitarios da explotación en que figure rexistrada esta aplicación

3. Ademais, para solicitar o pagamento, as persoas beneficiarias deberán contar coas autorizacións administrativas requiridas.

4. O pagamento da axuda realizarase en función da superficie ou das unidades certificadas polo persoal da Consellería do Medio Rural encargado de realizar a comprobación dos investimentos executados.

Artigo 29. Anticipo

As persoas viticultoras a que o investimento lles exixa pagamentos inmediatos poderán solicitar un anticipo máximo do 80 % da axuda aprobada cando constitúan unha garantía por un importe polo menos igual ao importe do anticipo.

Unha vez executada a operación relacionada co anticipo achegará a correspondente declaración de gastos (anexo V).

Artigo 30. Financiamento

1. O financiamento das axudas recollidas na presente orde procede do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria da lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia 14.04.713C 772.1, cun importe de cincocentos mil euros (500.000 €) para o ano 2021, un millón douscentos cincuenta mil euros (1.250.000 €) para o ano 2022 e un millón douscentos cincuenta mil euros (1.250.000 €) para o ano 2023. En total, tres millóns de euros (3.000.000 €).

2. Dita aplicación orzamentaria poderase incrementar, segundo se establece no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito incluído no mesmo programa.

3. A concesión desta axudas realizarase con cargo ao crédito asignado para tales efectos na Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural.

Disposición adicional. Normativa aplicable

Nos aspectos non recollidos nesta orde haberá que aterse ao disposto na normativa da organización común dos mercados (OCM única) con relación ao sector vitivinícola e nas súas modificacións posteriores, da Unión, básica estatal e autonómica, así como na Lei xeral de subvencións e na Lei de subvencións de Galicia, en particular:

– Real decreto 1363/2018, do 2 de novembro, para a aplicación das medidas do Programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español.

– Real decreto 1338/2018, do 29 de outubro, polo que se regula o potencial de produción vitícola.

– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

Facúltase a persoa titular da dirección xeral competente en agricultura, gandaría e industrias agroalimentarias para ditar as instrucións que considere oportunas para a execución da presente orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2021

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VI

Baremos estándar de custos unitarios

As accións de reestruturación e reconversión elixibles, as súas características e os seus baremos estándar de custos unitarios son os que se detallan a seguir:

1. Custos unitarios de arrinque e retirada de cepas.

O arrinque é a eliminación total de todas as cepas que se atopen nunha superficie plantada de vide. A acción subvencionada consiste tanto na eliminación do portaenxerto como da parte aérea da planta.

Pendente (%)

Superficie parcela (ha)

Custos unitarios (€/ha)

(Arrinque + recollida)

<10

S<0,10

503,43

10-20

0,10<S<0,25

481,78

0,25=S<0,5

460,13

0,5=S<1

447,15

1=S<2,5

429,83

S>2,5

408,18

S<0,10

572,06

0,10<S<0,25

545,65

0,25=S<0,5

519,24

0,5=S<1

503,39

1=S<2,5

482,26

S>2,5

455,85

21-30

S<0,10

700,03

0,10<S<0,25

664,73

0,25=S<0,5

629,43

0,5=S<1

608,25

1=S<2,5

580,01

S>2,5

544,71

>30

-

1.437,47

2. Custos unitarios da preparación do terreo.

Os labores recollidos na preparación do terreo refírense a:

– Labor profundo, a unha profundidade de 30-50 cm mediante un subsolador ou arado de vertedeira.

– Emenda calcaria e magnésica, co obxectivo de subir o pH do terreo ata valores de 6.

– Emenda mineral, co obxectivo cubrir as necesidades nutricionais das vides.

– Labor superficial, a unha profundidade de 10 cm mediante o emprego dun chisel, bancada de discos ou cultivador.

Naquelas parcelas con pendente superior ao 30 %, como a acción se realizará de xeito manual, os labores incluídos son a apertura de ocos manual e mais a aplicación de emendas.

Pendente (%)

Superficie parcela (ha)

Custos unitarios (€/ha)

<10

S<0,10

1.367,69

0,10<S<0,25

1.307,36

0,25=S<0,5

1.247,03

0,5=S<1

1.210,83

1=S<2,5

1.162,56

S>2,5

1.102,23

10-20

S<0,10

1.701,35

0,10<S<0,25

1.617,84

0,25=S<0,5

1.534,34

0,5=S<1

1.484,24

1=S<2,5

1.417,44

S>2,5

1.333,93

21-30

S<0,10

1.829,32

0,10<S<0,25

1.736,93

0,25=S<0,5

1.644,54

0,5=S<1

1.589,10

1=S<2,5

1.515,19

S>2,5

1.422,80

>30

2.893,38

3. Custos unitarios da desinfección do terreo.

Aplicación dun produto desinfectante.

A necesidade de realizar unha desinfección do terreo xustificarase achegando unha análise microbiolóxica de solo realizada por un laboratorio recoñecido.

Será obrigatorio comunicar por escrito á oficina agraria comarcal que lle corresponda, con polo menos dez días de antelación, a data e hora en que se realizará esta acción, así como o produto que se vai empregar e a persoa ou empresa que levará a cabo a aplicación, achegando a copia do contrato neste último caso.

Pendente (%)

Superficie parcela (ha)

Custos unitarios (€/ha)

<10

S<0,10

2.486,34

0,10<S<0,25

2.479,30

0,25=S<0,5

2.472,27

0,5=S<1

2.468,04

1=S<2,5

2.462,41

S>2,5

2.455,38

10-20

S<0,10

2.537,39

0,10<S<0,25

2.526,81

0,25=S<0,5

2.516,23

0,5=S<1

2.509,88

1=S<2,5

2.501,41

S>2,5

2.490,83

21-30

S<0,10

2.575,49

0,10<S<0,25

2.562,26

0,25=S<0,5

2.549,04

0,5=S<1

2.541,10

1=S<2,5

2.530,52

S>2,5

2.517,29

>30

-

3.342,76

4. Custos unitarios do despedregado.

Só se considera o labor de despedregado naquelas parcelas nas que sexa posible a mecanización, é dicir, con pendentes inferiores ao 30 %. Naqueles terreos con pendentes superiores a este valor, onde os traballos realízanse de forma manual, o despedregado realízase coa preparación do terreo (apertura de ocos), non requiríndose un labor específico. O persoal técnico da Consellería do Medio Rural que realice a acta de non inicio informará da pertinencia ou non desta acción segundo o estado do terreo.

Pendente (%)

Superficie parcela (ha)

Custos unitarios (€/ha)

<10

S<0,10

517,74

0,10<S<0,25

481,78

0,25=S<0,5

445,83

0,5=S<1

424,26

1=S<2,5

395,49

S>2,5

359,54

10-20

S<0,10

667,60

0,10<S<0,25

621,24

0,25=S<0,5

574,88

0,5=S<1

547,06

1=S<2,5

509,97

S>2,5

463,61

21-30

S<0,10

667,6

0,10<S<0,25

621,24

0,25=S<0,5

574,88

0,5=S<1

547,06

1=S<2,5

509,97

S>2,5

463,61

5. Custos unitarios da nivelación do terreo.

Esta operación ten como obxectivo reducir as irregularidades da superficie do viñedo deixando o terreo cunha pendente uniforme para permitir a mecanización das diferentes operacións de cultivo. A nivelación realizarase unicamente naquelas parcelas que non sexan abancaladas, é dicir, con pendentes inferiores ao 20 %.

Pendente (%)

Superficie parcela (ha)

Custos unitarios (€/ha)

<20

S<0,10

1.184,87

0,10<S<0,25

1.102,59

0,25=S<0,5

1.020,31

0,5=S<1

970,94

1=S<2,5

905,11

S>2,5

822,83

6. Custos unitarios de socalcos no terreo con noiros naturais.

Para establecer o investimento elixible desta acción será necesaria a presentación dunha memoria ou dun proxecto, elaborados por un técnico/a agrario/a (con titulación en enxeñaría agrónoma, enxeñaría técnico agrícola, ou grao en enxeñaría agrícola e do medio rural ou equivalente).

Largo socalco

Pendente do terreo (%)

Superficie parcela (ha)

Custos unitarios (€/ha)

<5

20

S<0,10

5.474,54

0,10<S<0,25

5.193,88

0,25=S<0,5

4.913,23

0,5=S<1

4.744,84

1=S<2,5

4.520,32

S>2,5

4.239,67

25

S<0,10

6.198,24

0,10<S<0,25

5.892,46

0,25=S<0,5

5.586,69

0,5=S<1

5.403,22

1=S<2,5

5.158,60

S>2,5

4.852,82

30

S<0,10

7.609,45

0,10<S<0,25

7.247,79

0,25=S<0,5

6.886,12

0,5=S<1

6.669,12

1=S<2,5

6.379,79

S>2,5

6.018,13

35

S<0,10

8.185,25

0,10<S<0,25

7.801,42

0,25=S<0,5

7.417,59

0,5=S<1

7.187,29

1=S<2,5

6.880,22

S>2,5

6.496,38

<5

40

S<0,10

8.933,03

0,10<S<0,25

8.513,35

0,25=S<0,5

8.093,67

0,5=S<1

7.841,85

1=S<2,5

7.506,11

S>2,5

7.086,42

≥5

20

S<0,10

5.591,25

0,10<S<0,25

5.302,49

0,25=S<0,5

5.013,74

0,5=S<1

4.840,48

1=S<2,5

4.609,47

S>2,5

4.320,72

25

S<0,10

6.562,95

0,10<S<0,25

6.231,85

0,25=S<0,5

5.900,74

0,5=S<1

5.702,08

1=S<2,5

5.437,20

S>2,5

5.106,09

30

S<0,10

7.333,58

0,10<S<0,25

6.991,08

0,25=S<0,5

6.648,57

0,5=S<1

6.443,06

1=S<2,5

6.169,06

S>2,5

5.826,55

7. Custos unitarios de socalcos no terreo con muros de pedra.

Para establecer o investimento elixible desta acción será necesaria a presentación dunha memoria ou dun proxecto, elaborados por un técnico/a agrario/a (con titulación en enxeñaría agrónoma, enxeñaría técnico agrícola, ou grao en enxeñaría agrícola e do medio rural ou equivalente).

Largo socalco

Pendente do terreo (%)

Superficie parcela (ha)

Costes unitarios (€/ha)

<5

30

S<0,10

23.182,60

0,10<S<0,25

21.572,70

0,25=S<0,5

19.962,79

0,5=S<1

18.996,85

1=S<2,5

17.708,93

S>2,5

16.099,03

35

S<0,10

28.278,84

0,10<S<0,25

26.315,03

0,25=S<0,5

24.351,22

0,5=S<1

23.172,93

1=S<2,5

21.601,89

S>2,5

19.638,08

40

S<0,10

28.278,84

0,10<S<0,25

35.677,64

0,25=S<0,5

33.015,13

0,5=S<1

31.417,62

1=S<2,5

29.287,61

S>2,5

26.625,10

45

S<0,10

43.958,45

0,10<S<0,25

40.905,78

0,25=S<0,5

37.853,11

0,5=S<1

36.021,51

1=S<2,5

33.579,37

S>2,5

30.526,70

<5

50

S<0,10

56.109,58

0,10<S<0,25

52.213,08

0,25=S<0,5

48.316,58

0,5=S<1

45.978,69

1=S<2,5

42.861,49

S>2,5

38.964,99

55

S<0,10

63.124,64

0,10<S<0,25

58.740,98

0,25=S<0,5

54.357,33

0,5=S<1

51.727,14

1=S<2,5

48.220,21

S>2,5

43.836,56

60

S<0,10

70.900,14

0,10<S<0,25

65.976,52

0,25=S<0,5

61.052,90

0,5=S<1

58.098,73

1=S<2,5

54.159,83

S>2,5

49.236,21

65

S<0,10

77.599,94

0,10<S<0,25

72.211,06

0,25=S<0,5

66.822,17

0,5=S<1

63.588,84

1=S<2,5

59.277,73

S>2,5

53.888,85

70

S<0,10

101.443,34

0,10<S<0,25

94.398,66

0,25=S<0,5

87.353,99

0,5=S<1

83.127,18

1=S<2,5

77.491,44

S>2,5

70.446,76

>5

30

S<0,10

30.356,87

0,10<S<0,25

28.248,76

0,25=S<0,5

26.140,64

0,5=S<1

24.875,77

1=S<2,5

23.189,28

S>2,5

21.081,16

35

S<0,10

41.141,97

0,10<S<0,25

38.284,89

0,25=S<0,5

35.427,81

0,5=S<1

33.713,56

1=S<2,5

31.427,89

S>2,5

28.570,81

40

S<0,10

53.494,82

0,10<S<0,25

49.779,90

0,25=S<0,5

46.064,98

0,5=S<1

43.836,03

1=S<2,5

40.864,10

S>2,5

37.149,18

8. Custos unitarios da planta e plantación.

So se subvencionara esta acción si se emprega material vexetal certificado. Na certificación deberase acreditar o emprego de material vexetal certificado.

Pte. (%)

Custos unitarios (€/planta)

<30

1,61

>30

1,63

9. Custos unitarios da instalación de protectores contra coellos.

Custos unitarios (€/planta)

0,71

10. Custos unitarios da instalación de espaldeira.

Pendente (%)

Superficie parcela (ha)

Custos unitarios (€/ha)

<10

S<0,10

5.213,97

10-20

0,10<S<0,25

5.097,63

0,25=S<0,5

4.981,30

0,5=S<1

4.911,50

1=S<2,5

4.818,43

S>2,5

4.702,09

S<0,10

5.311,33

0,10<S<0,25

5.191,37

0,25=S<0,5

5.071,42

0,5=S<1

4.999,45

1=S<2,5

4.903,49

S>2,5

4.783,54

21-30

S<0,10

5.472,07

0,10<S<0,25

5.344,10

0,25=S<0,5

5.216,13

0,5=S<1

5.139,35

1=S<2,5

5.036,98

S>2,5

4.909,01

>30

-

5.745,33

11. Custos unitarios da instalación de empalizada.

Pendente (%)

Superficie parcela (ha)

Custos unitarios (€/ha)

<10

S<0,10

5.606,93

10-20

0,10<S<0,25

5.490,59

0,25=S<0,5

5.374,26

0,5=S<1

5.304,46

1=S<2,5

5.211,39

S>2,5

5.095,05

S<0,10

5.704,29

0,10<S<0,25

5.584,33

0,25=S<0,5

5.464,38

0,5=S<1

5.392,41

1=S<2,5

5.296,45

S>2,5

5.176,50

21-30

S<0,10

5.865,03

0,10<S<0,25

5.737,06

0,25=S<0,5

5.609,09

0,5=S<1

5.532,31

1=S<2,5

5.429,94

S>2,5

5.301,97

>30

-

6.138,29

12. Custos unitarios da instalación de emparrado.

Pendente (%)

Superficie parcela (ha)

Custos unitarios (€/ha)

<10

S<0,10

22.028,66

10-20

0,10<S<0,25

21.900,73

0,25=S<0,5

21.772,80

0,5=S<1

21.696,05

1=S<2,5

21.593,71

S>2,5

21.465,78

S<0,10

22.546,09

0,10<S<0,25

22.394,05

0,25=S<0,5

22.242,00

0,5=S<1

22.150,78

1=S<2,5

22.029,14

S>2,5

21.877,10

21-30

S<0,10

23.394,18

0,10<S<0,25

23.189,70

0,25=S<0,5

23.021,87

0,5=S<1

22.921,18

1=S<2,5

22.786,91

S>2,5

22.619,08

13. Custos unitarios da elevación individualizada.

A elevación individualizada, tamén chamada sistema de condución de eixo vertical ou vaso en eixo vertical, consiste nunha estaca ou titor vertical, xeralmente, de madeira tratada, dunha altura superior a 1,5 metros e diámetro mínimo de 6 cm.

Custos unitarios (€/cepa)

3,78

14. Custos unitarios do sobreenxertado.

Tipo de cepa

Custos unitarios (€/planta)

Cepas (>5 anos)

1,78

Cepas novas (<5 anos)

0,80

15. Custos unitarios do cambio de vaso a espaldeira ou a outro sistema de condución.

Superficie parcela (ha)

Custos unitarios (€/ha)

S<0,10

609,74

0,10<S<0,25

597,36

0,25=S<0,5

584,98

0,5=S<1

577,55

1=S<2,5

567,64

S>2,5

555,26

ANEXO VII

Variedades de uva de vinificación recomendadas en Galicia

Código

Vinífera, cor*

214

Agudelo, B

106

Albariño, B

555

Branca de Monterrei, B

125

Brancellao, T

147

Branco Lexítimo, B

777

Bruñal, Albarín Tinto, T

112

Caíño Branco, B

556

Caíño Bravo, T

557

Caíño Longo, T

213

Caíño Tinto, T

363

Castañal,T

123

Dona Branca, B

118

Espadeiro, Torneiro, T

110

Ferrón, T

109

Godello, B

334

Lado, B

111

Loureira, Loureiro Blanco, Marques, B

162

Loureiro Tinto, T

53

Mencía, T

302

Merenzao, María Ordoña, T

126

Mouratón, T

128

Pedral, Dozal, T

113

Sousón, T

107

Torrontes, B

105

Treixadura, B

* B: branca, T: tinta

Variedades de portaenxerto

Código

Nome

2

R. de Lot

3

196-17 CL

4

6 736 CL

5

161-49 C

7

3 309 C

8

41B M

9

420A M

10

31 R

11

99 R

12

110 R

13

5 BB T

19

333 EM

20

BCI

21

1616 C

22

13-5 EVEX

23

5A MZ

24

19-62 M

25

1 103 P

26

140 Ru

27

S04

28

101-14M