Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 30 de marzo de 2021 Páx. 17373

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO polo que se aproban as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral fixo, dunha (1) praza de auxiliar de xardinaría mediante o sistema de concurso-oposición.

A Resolución da Alcaldía nº 147/2021, de 11 de febreiro de 2021, aprobou as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral fixo, dunha (1) praza de auxiliar de xardinaría, mediante o sistema de concurso-oposición.

A Resolución da Alcaldía nº 184/2021, do 18 de febreiro de 2021, aprobou unha corrección de erros das ditas bases.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado e no portal de transparencia deste concello.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 36, do 24 de febreiro de 2021, publicáronse integramente as bases da convocatoria.

A praza ten as seguintes características:

Praza. Denominación

Auxiliar de xardinaría

Tipo persoal

Persoal laboral fixo

Unidade/área

Parques e xardíns

Corpo/escala

Auxiliar

Grupo/subgrupo

C/C2

Sistema selectivo

Concurso-oposición

Sistema de acceso

Libre

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da corporación, na páxina web municipal e no portal de transparencia do Concello de Teo (www.teo.gal).

Teo, 24 de febreiro de 2021

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde