Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 30 de marzo de 2021 Páx. 17371

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO de bases do procedemento extraordinario de integración no corpo da policía local por sentenza xudicial.

Expediente número: 2019005790 (Rfª. 2019/03 ps).

O 24.2.2020 publícanse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) número 37 as bases do proceso extraordinario de integración no corpo da policía local previsto na disposición adicional segunda da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais de Galicia, mediante o sistema de concurso-oposición, en execución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 18.12.2014 (po 4303/2011).

O 15.02.2021 publícase no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) número 30 unha rectificación de erros das bases deste proceso selectivo.

As bases da convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios e tamén se poderán consultar na sede electrónica do Concello: (http://sede.nigran.org/).

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Nigrán, 15 de febreiro de 2021

Juan Antonio González Pérez
Alcalde