Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan non anexo o requirimento para completar o expediente de solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Ourense na avenida de La Habana, 79, 1º, 32004, Ourense.
Este requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre este requirimento e o seu efectivo cumprimento polo seu destinatario ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido neste requirimento para cumprilo.
Transcorrido o dito prazo sen recibir a documentación solicitada, a Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta ditará a resolución que en dereito corresponda. Esta resolución poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante coa achega da documentación necesaria, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.
O que se notifica de acordo coa normativa indicada.
Ourense, 3 de marzo de 2021
Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Nº expediente |
DNI/equivalente |
PR204A 2021/50-3 |
X4722603J |