Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2021 Páx. 17385

I. Disposicións xerais

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 10 de marzo de 2021 pola que se modifica o anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

A disposición derradeira segunda do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, establece que o anexo do devandito decreto pode ser modificado mediante unha orde da persoa titular da consellería competente en materia de función pública.

En virtude da Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, creáronse unha serie de escalas de persoal funcionario de carreira en previsión dos procedementos de funcionarización.

A presente orde responde á finalidade de recoller de xeito completo e ordenado todas as categorías profesionais do persoal laboral da Xunta de Galicia que son susceptibles de seren sometidas aos procesos de funcionarización. Así mesmo, cumpre cos principios de boa regulación establecidos no artigo 129 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

En consecuencia, facendo uso das facultades que me confiren os artigos 34.6 e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia, e demais disposicións de xeral aplicación, de acordo co Consello Consultivo,

ACORDO:

Artigo único. Obxecto

Modifícase o anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, que queda redactado como segue:

ANEXO

Equivalencias entre as categorías profesionais do persoal laboral
e as escalas de persoal funcionario

Grupo I.

Categoría profesional persoal laboral

Escala de persoal funcionario equivalente

I-02: titulado/a superior médico/a

I-25: titulado superior médico/a (especialidade de medicina deportiva)

Corpo facultativo superior de Administración especial da CA de Galicia-escala de facultativos

Especialidade de medicina (subgrupo A1)

I-03: titulado/a superior químico/a

Corpo facultativo superior de Administración especial da CA de Galicia-escala de ciencias

Especialidade de química (subgrupo A1)

I-10: titulado/a superior biólogo/a

Corpo facultativo superior de Administración especial da CA de Galicia-escala de ciencias

Especialidade de bioloxía (subgrupo A1)

I-01: director/a de residencia. Director/a de centro educativo. Director/a de residencia xuvenil. Técnico/a deportivo/a. Xefe/a de internado/a

Corpo superior da Administración xeral da CA de Galicia (subgrupo A1) ou corpo facultativo superior de Administración especial da CA de Galicia-escala de enxeñeiros-especialidade de enxeñaría de camiños, canles e portos ou especialidade de enxeñaría industrial (subgrupo A1)

I-04: titulado/a superior

I-09: titulado/a superior economista

I-14: titulado/a superior sociólogo/a

I -19: titulado/a superior especialista. Farmacéutico/a

I-23: documentalista

I-27: coordinador/a de actividades externas

I-29: xefe do Departamento de Persoal e Xestión Económico-Administrativa do IGAEM

I-30: relacións públicas do IGAEM

I-31: titulado/a superior de formación ocupacional

I-05: titulado/a superior veterinario/a

Corpo facultativo superior de Administración especial da CA de Galicia-escala de veterinarios (subgrupo A1)

I-06: titulado/a superior psicólogo/a

Corpo facultativo superior de Administración especial da CA de Galicia-escala de facultativos

Especialidade de psicoloxía (subgrupo A1)

I-11: titulado/a superior pedagogo/a

Corpo facultativo superior de Administración especial da CA de Galicia-escala de facultativos

Especialidade de pedagoxía (subgrupo A1)

I-17: bibliotecario/a

Corpo facultativo superior de Administración especial da CA de Galicia-escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas (subgrupo A1)

I -18: licenciado/a informático/a

Corpo superior da Administración xeral da CA de Galicia-escala de sistemas e tecnoloxía da información (subgrupo A1)

I-21: técnicos/as de protocolo

Corpo superior da Administración xeral da CA de Galicia-escala de protocolo e relacións institucionais (subgrupo A1)

I-37: titulado superior ambiental

Corpo facultativo superior de Administración especial da CA de Galicia-escala de ciencias

Especialidade bioloxía, química ou ciencias do mar (subgrupo A1), ou na escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes (subgrupo A1)

I-38: técnico/a superior en defensa contra incendios

Corpo facultativo superior de Administración especial da CA de Galicia-escala de enxeñeiros

Especialidade de enxeñaría de montes (subgrupo A1)

I-40: titulado/a superior lingüista

Corpo facultativo superior de Administración especial da CA de Galicia-escala de expertos/as lingüistas (subgrupo A1)

Grupo II.

Categoría profesional persoal laboral

Escala de persoal funcionario equivalente

II-01: director-administrador. Director/a de centro social. Director/a de casa da xuventude. Director/a de centro. Director/a de clínica deportiva. Xefe/a do Servizo Administrativo do IGAEM

Corpo de xestión da administración xeral da CA de Galicia (subgrupo A2) ou corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia-escala de enxeñeiros técnicos

Especialidade de enxeñaría técnica agrícola (subgrupo A2)

II-07: titulados/as de grao medio

II-21: monitor/a ocupacional

II-37: titulado medio de formación ocupacional

II-02: ATS. Enfermeiro/a. Practicante. DUE

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia-escala de técnicos facultativos

Especialidade de enfermaría (subgrupo A2)

II-06: educador/a profesor/a especial

II-08: director de gardaría infantil

II-40: mestre/a especialista en educación infantil

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia-escala de técnicos facultativos

Especialidade de educadores (subgrupo A2)

II-11: fisioterapeuta

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia-escala de técnicos facultativos

Especialidade de fisioterapia (subgrupo A2)

II-13: logopeda

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia-escala de técnicos facultativos

Especialidade de logopedia (subgrupo A2)

II-17: asistente/a social

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia-escala de técnicos facultativos

Especialidade de traballo social (subgrupo A2)

II-20: terapeuta ocupacional

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia-escala de técnicos facultativos

Especialidade de terapia ocupacional (subgrupo A2)

II-27: técnico/a superior diplomado/a en informática

Corpo de xestión da Administración xeral da CA de Galicia-escala de xestión de sistemas de informática (subgrupo A2)

II-30: técnico/a en animación sociocultural

Corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia-escala de axentes técnicos facultativos-especialidade de animación sociocultural (subgrupo B)

II-31: restaurador/a

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia-escala técnica de restauración, especialidade de documentos gráficos ou especialidade de bens artísticos e arqueolóxicos (subgrupo A2)

II-39: técnico/a forestal en defensa contra incendios forestais

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia-escala de enxeñeiros técnicos

Especialidade de enxeñaría técnica forestal (subgrupo A2)

II-41: técnico ambiental

Corpo facultativo de grao medio-escala de enxeñeiros técnicos

Especialidade de enxeñaría técnica forestal (subgrupo A2)

Grupo III.

Categoría profesional persoal laboral

Escala de persoal funcionario equivalente

III-02: encargado/a administrativo/a, xefe/a de negociado, xefe/a de administración, xefe 2ª administración, administrador/a, secretario/a administrador/a de residencia xuvenil, administrador/a de produción de centros, secretario/a de dirección do IGAEM, axudante/a de dirección e difusión da música, axudante/a de dirección e difusión do CDG

Corpo administrativo da Administración xeral da CA de Galicia (subgrupo C1)

III-05: intendente, encargado/a de establecemento, encargado/a de almacén

III-33: encargado/a supervisor de telefónica

III-38: supervisor/a radioteléfono. Xefe/a de sala CECOP

III-40: axudante/a de produción

III-48: axudante auxiliar inspección tributaria

III-62: oficial/a 1ª administrativo/a, oficial/a administrativo/a, secretario/a administrativo/a administrativo/a provincial, administrativo/a agrupación, administrativo/a, inspector/a administrativo/a

III-04: gobernante/a, gobernante servizos domésticos, encargado/a de lavadoiro, roupeiro

III-78: subgobernante/a

III-01: encargado/a de equipos mecánicos. Mecánico/a supervisor/a. Axente auxiliar de inspección. Contramestre

III-06: xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a de oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios

III-69: oficial/a servizos técnicos. Oficial/a 1ª de mantemento. Oficial/a 1ª de oficios varios. Oficial/a de 1ª

III-82: mecánico inspector. Oficial/a 1ª mecánico/a. Técnico/a auxiliar

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia-escala técnica de mantemento de servizos (subgrupo C1)

III-07: técnico/a práctico/a en C.E. vixilancia de obras, técnico/a

Corpo administrativo da Administración xeral da CA de Galicia-escala de axentes de inspección

Especialidade de vixilancia de estradas (subgrupo C1)

O persoal das categorías profesionais III-08 e III-67 destinado en Augas de Galicia funcionarízase no corpo administrativo da Administración xeral da CA de Galicia-escala de dominio público hidráulico (subgrupo C1)

III-08: encargado/a xeral

III-09: técnico/a práctico/a en control e vixilancia de obras, explotación e conservación de estradas

III-23: celador/a de estradas, capataz de brigada

III-60: auxiliar técnico/a de obra, auxiliar técnico/a de obra TIE

III-64: oficial/a 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a maquinaria pesada

III-67: capataz de obras, capataz de cuadrilla, xefe/a de equipo, oficial/a 1ª obra CTOP, capataz

III-11: encargado/a agrario/a

III-68: oficial/a 1ª agrario/a. Capataz agrario

III-80: capataz establecemento

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia-escala técnica de recursos naturais e forestais (subgrupo C1)

III-14: xefe/a de cociña

III-65: oficial/a 1ª de cociña. Oficial/a 1ª cociñeiro/a.Xefe/a cociña. Cociñeiro/a de 1ª

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia-escala técnica de cociña (subgrupo C1)

III-17: analista de laboratorio

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia-escala técnica de análises de laboratorio (subgrupo C1)

III-29: delineante de 1ª

Corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da CA de Galicia-escala técnica de delineantes (grupo B)

III-30: programador/a

Corpo administrativo da Administración xeral da CA de Galicia-escala técnica auxiliar de informática (subgrupo C1)

III-91: técnico/a especialista en informática

III-49: axente auxiliar de inspección de transportes

Corpo administrativo da Administración xeral da CA de Galicia-escala de axentes de inspección-especialidade de mobilidade (subgrupo C1)

III-50: técnico/a especialista en xardín de infancia (técnicos/as superiores en educación infantil)

Corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da CA de Galicia. Escala de axentes técnicos facultativos

Especialidade de xardín de infancia (grupo B)

III-63: oficial/a 1ª condutor/a. Condutores/as

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia-escala técnica de condución (subgrupo C1).

III-90: animador/a sociocultural

Corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da CA de Galicia-escala de axentes técnicos facultativos

Especialidade de animación sociocultural (grupo B)

III-100: bombeiro/a forestal xefe/a de brigada

Corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da CA de Galicia-escala técnica do SPDCIF

Especialidade de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada (grupo B)

Grupo IV.

Categoría profesional persoal laboral

Escala persoal funcionario equivalente

IV-01: auxiliar de gravación, oficial/a 2ª linotipista, auxiliar administrativo/a, oficial/a administrativo/a, técnico/a auxiliar de informática, operador/a maquinaria elemental, auxiliar

Corpo auxiliar da Administración xeral da CA de Galicia (subgrupo C2)

IV-17: almaceneiro/a, despenseiro/a

IV-22: oficial/a de segunda de reprografía

IV-28: auxiliar produción-dirección

IV-30: auxiliar de formación ocupacional

IV-32: operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais

IV-03: auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a

Corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial da CA de Galicia-escala de auxiliares de clínica (subgrupo C2)

IV-04: auxiliar de fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado.

III-99: coidador/a extinguir

Corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia-escala auxiliar de coidadores (subgrupo C2)

IV-05: oficial/a 2ª de cociña. Cociñeiro/a oficial 2ª

Corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia-escala auxiliar de cociña (subgrupo C2)

IV-06: axudante/a de servizos técnicos. Oficial/a 2ª de establecemento

IV-18: oficial/a de segunda

Corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia-escala auxiliar de mantemento (subgrupo C2)

IV-09: oficial/a 2ª agrario

IV-40: oficial/a 2ª forestal

IV-42: oficial/a de establecemento

Corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia-escala auxiliar de recursos naturais e forestais (subgrupo C2)

IV-11: auxiliar de laboratorio

Corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia-escala auxiliar de laboratorio (subgrupo C2)

IV-16: condutor/a

Corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia-escala auxiliar de condución (subgrupo C2)

IV-33: bombeiro/a forestal condutor de motobomba

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da CA de Galicia-escala auxiliar do SPDCIF, especialidade bombeiro/a forestal-condutor/a motobomba (subgrupo C2)

IV-35: auxiliar de arquivos e bibliotecas.

Corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia-escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos-especialidade de arquivos e bibliotecas (subgrupo C2)

IV-36: auxiliar de museos

Corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia-escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos-especialidade de museos (subgrupo C2).

IV-43: xerocultor/a

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da CA de Galicia-escala de xerocultor/a (subgrupo C2)

IV-44: PSX

Corpo auxiliar da Administración xeral da CA de Galicia-escala de PSX (subgrupo C2)

V-09: celador/a de 2ª. Vixilante de recursos naturais

Corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia-escala de gardas de recursos naturais (subgrupo C2)

Grupo V.

Categoría profesional persoal laboral

Escala persoal funcionario equivalente

V-03: ordenanza, celador/a, vixilante de oficinas, vixilante nocturno/a, vixilante, subalterno/a, porteiro/a recepcionista, telefonista, sereno/a, garda

Agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da CA de Galicia-escala de persoal subalterno

V-10E: vixilante de arquivos, bibliotecas e museos

V-12: peón/oa, laborante, varredor/a, mozo/a servizos, mozo/a laboratorio, xardineiro/a, mozo/a transportes, peón/oa xardineiro/a, mozo/a subalterno, mozo/a mantemento, mozo/a subalterno.

V-02: axudante/a traballos ou oficios. Axudante albanel. Peón/oa especializado/a. Fontaneiro/a. Axudante/a. Hortelá/n. Axudante de traballos. Encargado/a xardín

V-01: camareiro/a limpador/a. Axudante de cociña. Pasador/a de ferro. Costureiro/a. Cortador/a. Lavandeiro/a

V-11: limpador/a. Fregador/a. Empregado/a comedor. Empregado/a de cociña-pinche. Servizo doméstico. Mozo/a de limpeza. Pinche de cociña. Persoal servizos xerais

Agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da CA de Galicia-escala de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais-especialidade de persoal de limpeza e cociña

V-10B: vixilante fixo de defensa contra incendios forestais

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da CA de Galicia-escala auxiliar do SPDCIF

Especialidade de vixilante fixo (subgrupo C2)

V-10C: emisorista de defensa contra incendios forestais

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da CA de Galicia-escala auxiliar do SPDCIF

Especialidade emisorista (C2)

V-08: peón/oa agrario/a

V-10 F: peón/oa forestal.

Agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da CA de Galicia-escala de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais-persoal de recursos naturais e forestais

V-14: bombeiro/a forestal

V-14A: bombeiro/a forestal condutor/a

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da CA de Galicia-escala auxiliar do SPDCIF Especialidade bombeiro/a forestal (subgrupo C2)

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

A presente orde entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2021

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda e Administración Pública