Tentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para tal efecto, os/as interesados/as poderán comparecer no prazo dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da xefatura territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na avenida de Zamora, núm. 13, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.
Advírteselles que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non achegaren os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, se considerarán desistidos/as da súa petición.
Ourense, 16 de marzo de 2021
Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Nº de expediente |
DNI/NIE/PAS |
Data de requirimento |
34581 |
142748411 |
3.3.2020 |
37434 |
GA102796 |
5.6.2020 |
40893 |
BS7217350 |
22.7.2020 |
44955 |
127239659 |
2.12.2020 |
45810 |
625753 |
18.1.2021 |
46257 |
091850559 |
25.1.2021 |