Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 5 de abril de 2021 Páx. 17854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 16 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2014/0183 e dous máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícanselles ás persoas identificadas no anexo as súas respectivas resolucións de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, ben por resultar descoñecido o seu domicilio, ben porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.

As resolucións foron ditadas pola persoa titular da xefatura territorial, cuxo texto íntegro, así como os seus respectivos expedientes, están á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, na rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As resolucións mencionadas non poñen fin á vía administrativa, polo que poden ser impugnadas en alzada, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, as resolucións devirán firmes.

Lugo, 16 de marzo de 2021

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIE/pasaporte

Acto notificado

LU-2014/0183

Y2067105C

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2019/0163

AV761312

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2010/007

Y1163208C

Resolución de cancelación da inscrición