Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 5 de abril de 2021 Páx. 17848

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto (ETX 25/2021).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 25/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Edelmiro Braña Iglesias contra Construcciones Vieiro 13, S.L., Fogasa, foron pronunciadas as resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2021

Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución da Sentenza nº 258/2020 do 23.12.2020 ditada no procedemento ordinario 522/2018, a favor da parte executante, Edelmiro Braña Iglesias, fronte a Construcciones Vieiro 13, S.L. e o Fogasa, parte executada, polo importe de 2.612,98 euros en concepto de principal (1.986,92 euros en concepto de salarios e gastos de desprazamento, 21,42 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil respecto dos conceptos indemnizatorios ou suplidos que comportan 210 euros, 604,64 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais que comportan 1.776,92 euros), máis outros 261,29 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2021

Parte dispositiva

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Construcciones Vieiro 13, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Edelmiro Braña Iglesiais e ao Fondo de Garantía Salarial, polo termo de quince días, para poderen sinalar a existencia de novos bens, de cuxo resultado se acordará o procedente.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Vieiro 13, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2021

A Letrada da Administración de xustiza