Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 5 de abril de 2021 Páx. 17889

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO da convocatoria e das bases dos procesos selectivos de dúas prazas de administrativo/a (OEP 2018 e 2020), así como da súa acumulación.

Asunto: anuncio da convocatoria e das bases dos procesos selectivos de dúas prazas de administrativo/a (OEP 2018 e 2020) do Concello de Fene, así como da súa acumulación.

No BOP da Coruña núm. 225, do 31 de decembro de 2020, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria e proceso selectivo para a cobertura dunha praza de administrativo/a de Administración xeral, grupo C, subgrupo C1, por concurso-oposición libre, incluída na OEP do ano 2018.

No BOP da Coruña núm. 13, do 21 de xaneiro de 2021, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria e proceso selectivo para a cobertura dunha praza de administrativo/a de Administración xeral, grupo C, subgrupo C1, por concurso-oposición libre, incluída na OEP do ano 2020.

Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 39/2021, do 15 de xaneiro de 2021, aprobouse a acumulación dos procesos selectivos das prazas de administrativo/a das OEP 2018 e 2020, conforme o artigo 57 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

A presentación de solicitudes farase no prazo de vinte días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria acumulada no BOE.

Fene, 8 de marzo de 2021

Juventino José Trigo Rey
Alcalde