Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 6 de abril de 2021 Páx. 18032

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 17 de marzo de 2021, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o pagamento de depósitos previos e formalización de actas de ocupación ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/16/265.06.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, resultando infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo o pagamento de depósitos previos e formalización de actas de ocupación do expediente expropiatorio polas obras de fomento da mobilidade sustentable, senda na PO-551, treito Bagüín-Seixo, p.k. 2+900-3+700, de clave PO/16/265.06, que terá lugar no Concello de Marín o día 13 de abril de 2021.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre bens afectados, por si mesmos ou representados por persoal debidamente autorizado, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

As persoas poden tomar vista do expediente no Servizo Provincial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 17 de marzo de 2021

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

Data

Hora

5

36026A03100505

Dios Rodríguez, Manuel

13.4.2021

10.20

6

36026A03100433

Agrelo Escudero, Clara

13.4.2021

10.20

7

36026A03101160

Cerqueira Quiroga, Manuel (herdeiros de)

13.4.2021

10.30

9

36026A03101202

En investigación, artigo 47- Lei 33/2003

13.4.2021

13.10

11

12

13

36026A03100395

36026A03100394

36026A03100393

Quiroga Crespo, Amancio

Quiroga Crespo, Antonio (herdeiros de)

13.4.2021

10.40

16

36026A03100429

Rosales Entenza, Benito (herdeiros de)

13.4.2021

11.40

17

36026A03100428

Quiroga Dopazo, Encarnación (herdeiros de)

13.4.2021

11.10

19

23

36026A03100423

36026A03100414

Crespo Fontanes, Flora (herdeiros de)

13.4.2021

11.20

21

36026A03100416

Fariña Vidal, Hermosinda

13.4.2021

11.40

22

36026A03100415

Rodríguez Souto, Jose Mª (herdeiros de)

13.4.2021

11.50

27

36026A03101184

Blanco Pardavila, Josefa (herdeiros de)

13.4.2021

12.00

34

36026A03100551

González S-S, Clementina e Maria

13.4.2021

12.30