Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Peticionaria: Begasa.
Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, nº 9, 27003 Lugo.
Denominación: LAT subterránea e novo CT Vilasuso telemando en Vilasuso.
Situación: concello do Vicedo.
Visado: si, Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, con número de visado 20202925 con data do 6 de novembro de 2020.
Características técnicas principais:
• Liña soterrada de alta tensión Covas a novo CT Vilasuso, con orixe no paso aéreo a soterrado proxectado no apoio A88679, entra e sae no CT proxectado e remata noutro paso aéreo a soterrado proxectado no apoio A88679, cunha lonxitude de 140 metros en condutor RHZ1-240.
• Novo CT prefabricado Vilasuso, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia instalada de 160 kVA (transformador existente), no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, todas elas telemandadas, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Desmontaxe da aparellaxe interior do CTC Vilasuso (12410), 45 metros de condutor tipo RHZ1-150 e dúas conversións aéreas a soterradas.
Finalidade da instalación: mellora de instalacións.
Orzamento: 65.971,28 €.
Documentación complementaria:
• Separata para o Concello do Vicedo.
• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.
Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e deberá realizar a dirección de obra técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias; e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Lugo, 18 de marzo de 2021
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo