Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 6 de abril de 2021 Páx. 17971

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 17 de marzo de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para ingresar no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado pola Orde do 22 de maio de 2018, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio.

Este tribunal acordou que o cuarto exercicio da oposición teña lugar o 14 de abril de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, na sala E do Edificio Administrativo de San Caetano de Santiago de Compostela, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2021

Marcos Barreiro González
Presidente do tribunal