Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 6 de abril de 2021 Páx. 18056

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza de oficial de policía local.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 46, do 9.3.2021 publicáronse íntegras as bases e a convocatoria para cubrir unha praza da categoría de oficial, integrada no grupo C, subgrupo C1, da escala básica de administración especial, subescala de servizos especiais, do corpo da policía local do Concello de Salceda de Caselas.

Así mesmo, no BOPPO núm. 53, do 18.3.2021, publicouse unha corrección de erros das sinaladas bases.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da inserción desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse na forma prevista nas bases da convocatoria.

Salceda de Caselas, 29 de marzo de 2021

Mª Dolores Castiñeira Alen
Alcaldesa