Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 7 de abril de 2021 Páx. 18151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 22 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador PES-PO-0002/2021 e oito máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, logo de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultar descoñecidos ou porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na rúa avenida María Victoria Moreno, 43, 4ª planta, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 22 de marzo de 2021

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado

PES-PO-0002/2021

Carlos Rodríguez Alonso

Incoación

Polo xefe territorial

PES-PO-0003/2021

Isaac Maquieira Iglesias

Incoación

Polo xefe territorial

ANP-PO-0017/2021

Lorena Mª Cordeiro Fernández

Incoación

Polo xefe territorial

ANP-PO-0024/2021

Vicente Escudero Vizarraga

Incoación

Polo xefe territorial

ANP-PO-0027/2021

Patricia Gabarres Jiménez

Incoación

Polo xefe territorial

ANP-PO-0033/2021

Yaiza Yuste Troitiño

Incoación

Polo xefe territorial

ANP-PO-0040/2021

David Jiménez Montoya

Incoación

Polo xefe territorial

ANP-PO-0041/2021

Mª Teresa Abal Enríquez

Incoación

Polo xefe territorial

ANP-PO-0044/2021

Jessica Rodríguez Bouza

Incoación

Polo xefe territorial