En cumprimento do disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, cómpre dar publicidade da formalización do encargo realizada cunha empresa pública na súa condición de medio propio personificado, expediente tramitado ao abeiro do establecido nos artigos 8, 10 e 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, en relación cos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e nos artigos 31 e 32 e na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, e demais normativa que resulta de aplicación:
1. Datos xerais.
Entidade que confire o encargo: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
Actividade principal da entidade: infraestruturas e servizos hidráulicos.
Enderezo de internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaorganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
Tipo de tramitación do expediente: encargo a medio propio personificado e servizo técnico do poder adxudicador.
2. Encargo.
Título e obxecto: execución da obra de reposición do leito do regato de Souto ou rego Traveso no concello de Sanxenxo (Pontevedra).
Clave do expediente: ENC.21001.
Código CPV (referencia de nomenclatura): código CPV 4524600-5 (traballos de protección de ribeiras fluviais).
Empresa destinataria do encargo: Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa).
Data de aprobación: 15 de marzo de 2021.
Data de formalización: 16 de marzo de 2021.
Orzamento: euros (actuación non suxeita a IVE).
Importe total previsto do gasto: 57.005,80 euros. Inclúe o orzamento inicial do encargo.
Prazo de execución: 3 meses, sen previsión de prórrogas con incremento do gasto e sen prexuízo da/das ampliación/s do prazo de execución da prestación obxecto do encargo que foran necesarias sen incremento do gasto.
Data de publicación da formalización documental no perfil de contratante: 17 de marzo de 2021.
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2021
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia