Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 8 de abril de 2021 Páx. 18269

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 25 de marzo de 2021 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de postos de persoal directivo na Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

Mediante Orde desta consellería do 23 de febreiro de 2021 (DOG nº 42, do 3 de marzo) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de postos directivos na Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada mediante a Orde desta consellería do 23 de febreiro de 2021 (DOG nº 42, do 3 de marzo) para os efectos previstos no número 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Segundo. Seleccionar e nomear, para o desempeño dos postos que se indican, as persoas que figuran no anexo desta orde.

Terceiro. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpor recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2021

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Posto: director/a de Procesos de Soporte.

Nome e apelidos: María Fernanda López Crecente.

DNI (*): ***5102**.

Posto: subdirector/a de Programación Cirúrxica.

Nome e apelidos: Beatriz Ulloa Iglesias.

DNI (*): ***3240**.

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.