Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 8 de abril de 2021 Páx. 18387

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 22 de marzo de 2021 polo que se somete a información pública a modificación puntual número 1 do proxecto sectorial para a implantación do Centro de Transportes e Terminal Intermodal de Ponte Caldelas (Pontevedra).

De conformidade co establecido no artigo 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e nos artigos 13 e 14 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información pública durante o prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia a modificación puntual número 1 do proxecto sectorial para a implantación do Centro de Transportes e Terminal Intermodal de Ponte Caldelas (Pontevedra).

Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar a devandita documentación na páxina web do IGVS (http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada) e presentar ante o IGVS as alegacións, os documentos e as xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo