Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 8 de abril de 2021 Páx. 18345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se fai pública a inclusión dunha formación no Catálogo galego de árbores senlleiras.

En cumprimento do disposto no artigo 4.8 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro,

RESOLVO:

Facer pública a inclusión da seguinte formación no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante Resolución do 23 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data de solicitude: 28.10.2020.

Código: 40F.

Nome da árbore: Sobreiras da Magdalena.

Especie: Quercus suber L.

Localidade: As Eiras.

Concello: O Rosal.

Provincia: Pontevedra.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 518.000/4.641.970.

Motivos da catalogación: dimensións, valores estéticos e culturais.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2021

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural