Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 8 de abril de 2021 Páx. 18257

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2021, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 006 do grupo I, titulado/a superior psicólogo/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para aquelas persoas aspirantes que tiveron contaxio ou contacto estreito con persoas contaxiadas pola COVID-19.

En sesión que tivo lugar o 31 de marzo de 2021, o tribunal nomeado polas resolucións do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro) e do 17 de decembro de 2020 (DOG núm. 262, do 31 de decembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 006 do grupo I, titulado/a superior psicólogo/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 13 de abril de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, no seminario B da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, número 2-4, en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes que realizarán este exercicio son as que acreditaron suficientemente a circunstancia descrita antes da realización do exercicio do día 20 de marzo de 2021.

Os criterios que rexerán para a corrección, valoración e superación do exercicio serán os mesmos que acordou o tribunal o día 3 de marzo de 2021 e que foron publicados na páxina web de Función Pública.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Serán de obrigado cumprimento as normas COVID para o desenvolvemento das probas dun proceso selectivo establecidas no Protocolo de actuacións para a realización de probas dos procesos selectivos das OPE da Administración autonómica de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2021

Alberto Gutiérrez Piñeiro
Presidente do tribunal