Mediante a Orde do 4 de febreiro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia número 35, do 22 de febreiro de 2021, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.
De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei e o artigo 17.4 do citado decreto,
DISPOÑO:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde do 4 de febreiro de 2021 e designar o funcionario cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar o posto que tamén se especifica.
Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia. Se comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles, de conformidade co disposto no referido precepto e na base sétima da convocatoria.
Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o funcionario, así como a daquel en que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, que serán trasladadas mediante copia á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2021
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo
ANEXO
Apelidos e nome: Jorge Mora, Fernando.
DNI: ***0866**.
Grupo: A1.
Posto de traballo: asesor/a xurídico/a.
Código do posto: IV.C02.00.004.15770.001.
Nivel: 30.
Centro directivo: Asesoría Xurídica-Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.
Localidade: Santiago de Compostela.
* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.