De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Frank Vega Pita, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, requirimento previo de desafiuzamento administrativo do departamento para armadores número 26 e de parcela de 150 m2 destinada a depósito de materiais do porto de Lorbé, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos nos últimos domicilios coñecidos.
O expediente tramítase por encontrarse extinguidas as autorizacións e non ser factible a súa renovación pola falta de concorrencia dos requisitos exixibles, incluídas as débedas existentes.
Este acto administrativo que emite a Presidencia do Consello de Administración da entidade pública Portos de Galicia, de acordo coas competencias previstas no artigo 114 da Lei 5/2011, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, emítese en aplicación do artigo 113 desa lei, do artigo 148 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e do artigo 31 do Decreto 227/1995, que aproba o Regulamento da entidade pública Portos de Galicia.
O departamento e a parcela deberán ser abandonados nun prazo máximo de dez (10) días contados desde a publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, o que se formalizará coa entrega das chaves do peche exterior ao persoal de Portos de Galicia.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Outórgase trámite de audiencia por un prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde a publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, durante o cal se poderán formular alegacións e presentar os documentos ou xustificacións que se consideren pertinentes.
De ser preciso, o desafiuzamento será executado co auxilio das forzas e corpos de seguridade do Estado.
Contra este acto administrativo de iniciación non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.
No tocante ao seu exame, o expediente está nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central, na praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2021
Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia