Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 12 de abril de 2021 Páx. 18804

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 15 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 632, situado na zona marítimo-terrestre do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Mediante este anuncio faise público que a Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 12 de marzo de 2021 autorizou a transmisión da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela número 632 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 545,3 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa.

Antiga titular: Teresa Millán García.

Novas titulares: Cristina Carro Millán (***6657**) e Silvia Carro Millán (***6657**).

As novas titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.

Vigo, 15 de marzo de 2021

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo