Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 12 de abril de 2021 Páx. 18825

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica

ANUNCIO do 17 de marzo de 2021 de convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal, con carácter de interinidade, dun/dunha titulado/a superior universitario/a con grao ou equivalente en Ciencias ou Ciencias da Saúde.

Convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/ha titulado/a superior universitario, grao ou equivalente en Ciencias ou Ciencias da Saúde, baixo a modalidade contractual de interinidade para un posto de bioinformático/a na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

O contrato regularase polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación e, particularmente, polo Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro (BOE do 24 de outubro), e o Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro (BOE do 8 de xaneiro).

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días naturais, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

As bases do proceso de selección e os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na web do Servizo Galego de Saúde na sección de Recursos Humanos/outros procesos selectivos http://www.sergas.es/Recursos-Humanos/FP-Galega-de-Medicina-Xenómica e no taboleiro de anuncios da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2021

Fernando Domínguez Puente
Director técnico da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica