Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 13 de abril de 2021 Páx. 19050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito de estatutos da Asociación Empresarial de Transporte de Viajeros por Carretera de Galicia (Galibus).

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que, na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais, acordouse depositar con data do 23.3.2020 os estatutos da Asociación Empresarial de Transporte de Viajeros por Carretera de Galicia (Galibus).

(https://expinterweb.mitramiss.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos)

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito funcional: poderán ser membros da asociación mediante afiliación voluntaria, aquelas persoas físicas ou xurídicas que, en calidade de empresarios transportistas legalmente recoñecidos se dediquen ao transporte de viaxeiros con carácter público.

Asinan a acta de constitución: Ramón Sanjuan Espiñeira, David Longarela Rodríguez, Jesús Fernando Vigo Mercado, José Manuel Álvarez García, José Luis Lázara Faílde e Roberto Álvarez Conde.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2021

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais