Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 14 de abril de 2021 Páx. 19146

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado mediante a Resolución do 30 de setembro de 2019.

A base 8.1.5 da resolución deste centro directivo do 30 de setembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 191, do 8 de outubro), pola que se convoca o concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, establece que os exercicios da fase de oposición se realizarán no lugar e na data que se fixen nunha resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, que se publicará no Diario Oficial de Galicia cun prazo mínimo de antelación de cinco días hábiles.

De conformidade coa antedita base, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas con carácter definitivo no concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado por Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 30 de setembro de 2019, para a realización de todos os exercicios que integran a fase de oposición, na data, na hora e no lugar que a seguir se indican:

Data: 24 de abril de 2021.

Hora: 10.00 horas.

Lugar: pavillón 1 do Recinto da Feira Internacional de Galicia, avenida Recinto Feiral, s/n, Silleda (Pontevedra).

Os/as aspirantes convocados/as que non comparezan na data e hora fixadas nesta resolución serán excluídos/as do concurso-oposición. Non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non comparecencia.

Segundo. Publicar como anexo desta resolución a porta de acceso ao recinto de realización das probas asignada a cada aspirante.

Terceiro. As persoas aspirantes deberán acudir provistas do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, e de bolígrafo azul ou negro, de tinta indeleble.

A acreditación para o acceso ao lugar de realización das probas efectuarase a través de código QR. Cada aspirante terá á súa disposición na Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e), desde a data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a acreditación persoal con código QR, que deberá imprimir e presentarlla o día do exame ao persoal colaborador da porta que lle foi asignada, o que lle permitirá o acceso ao interior do lugar de realización das probas.

Co obxecto de axilizar a entrada ao recinto, a persoa aspirante debe ter á man ambos os documentos: código QR e documento de identidade.

Cuarto. Durante o tempo fixado para a realización dos exercicios non se poderá utilizar nin manipular de ningunha maneira aparellos de telefonía móbil, reloxos ou soportes con memoria. Está prohibido o acceso ao recinto de realización das probas con tales dispositivos e non se habilitará no recinto ningún servizo para a súa recollida.

Quinto. En cumprimento do protocolo de medidas de seguridade e organizativas no desenvolvemento dos procesos selectivos do Servizo Galego de Saúde fronte á pandemia COVID-19, aprobado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, á disposición das persoas interesadas para a súa consulta na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), deberán respectarse polos/as aspirantes as seguintes indicacións:

1ª. Será obrigatorio o uso de máscara no exterior e interior do recinto e mentres dure a proba, agás unha causa médica xustificada, que deberá ser acreditada con informe facultativo e posta en coñecemento do órgano convocante, con antelación á data do exame, a través do seguinte enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es

Só se permitirá o acceso ao interior do lugar de realización dos exercicios con máscara cirúrxica ou FFP2 sen válvula. Por razóns sanitarias, non estará permitido o acceso con máscara hixiénica ou FFP2 con válvula.

2ª. Para os efectos de asegurar os tempos máximos de utilización das máscaras fixados polas autoridades sanitarias, os/as aspirantes, no momento que se indique pola organización, antes do inicio das probas, deberán proceder á substitución da máscara que porten por unha máscara de novo uso, que será facilitada pola Administración.

3ª. Non poderán acceder ao exame aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas ás cales se lles diagnosticase a enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as que se atopen en período de corentena domiciliaria por contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da COVID-19.

4ª. As persoas aspirantes deberán respectar en todo momento as distancias mínimas de seguridade, no interior e exterior do pavillón de realización das probas. Para tales efectos, deberán seguir as indicacións que lles facilite o persoal da organización e situarse nos espazos individuais de espera sinalizados con tal fin.

5ª. O/a aspirante deberá asistir á realización das probas co material mínimo indispensable. Este material irá nun só bolso ou mochila, de tamaño pequeno, que cada aspirante levará sempre consigo e que, durante a realización do exame, deberá situar no chan.

6ª. Non estará permitido o acceso do/da aspirante ao interior do recinto con ningún alimento, agás causa médica xustificada.

7ª. Coa finalidade de diminuír o intercambio de documentación, todos/as os/as aspirantes presentados ás probas selectivas terán á súa disposición na Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e) o certificado de asistencia ao exame, a partir do día seguinte ao de realización dos exercicios. Non se facilitará ningún certificado no lugar de realización das probas.

Sexto. Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas interesadas nos termos previstos na base 11.2 da resolución de convocatoria.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2021

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

DNI

Apelidos e nome

Porta

***7835**

Abril Álvarez, Beatriz

Porta 2

***8110**

Alonso Rodríguez, Francisco José

Porta 1

***8863**

Álvarez Álvarez, Ceus

Porta 2

***8542**

Álvarez Fernández, Mario

Porta 2

***7518**

Álvarez Garcés, Pablo

Porta 2

***7051**

Alves González, José Ignacio

Porta 2

***1480**

Aradas Vásquez, Silvia

Porta 2

***6147**

Arias Rochela, Carlos

Porta 2

***0228**

Asegurado Arias, Ana

Porta 2

***5924**

Ballón Cue, Ángel

Porta 2

***9121**

Bañuelos Luna, Francisco Eloy

Porta 2

***9856**

Barciela Abalo, Francisco Antonio

Porta 2

***6215**

Barreiro Azambuya, Diego Alejandro

Porta 2

***9254**

Barreiro Lestón, Eliseo

Porta 1

***0428**

Barriuso Rodríguez, Aitor

Porta 2

***9711**

Bastero Agulla, Yago

Porta 2

***8524**

Bastón Suárez, Carlos

Porta 2

***5910**

Bispo Torres, Kamakshi-Shantia

Porta 2

***7399**

Blanco Ramos, Hilda

Porta 2

***0623**

Brea Conde, José Manuel

Porta 2

***9828**

Briones da Silva, Stefany

Porta 3

***0669**

Caamaño Iglesias, María Teresa

Porta 3

***4218**

Cao Guerreiro, Francisco Javier

Porta 3

***9300**

Caride Rábade, Sara

Porta 3

***4132**

Carretón Rey, Edurne

Porta 3

***3726**

Casabella Fernández, Francisco Javier

Porta 3

***0252**

Castelo Ferro, Adrián

Porta 3

***4719**

Castro Castro, Jacobo

Porta 3

***8153**

Castromán Baamonde, Gonzalo

Porta 3

***7239**

Conde Figueroa, Rebeca

Porta 3

***6068**

Corredoira Taboada, David

Porta 3

***0616**

Cotos Iglesias, Alba

Porta 3

***4951**

Dans García, Fernando

Porta 3

***8539**

Davila Rivas, Raquel

Porta 3

***6399**

Díaz Rocha, María del Amor

Porta 3

***8922**

Domínguez Marcos, Duarte

Porta 3

***1957**

Domínguez Rodríguez, Marta

Porta 3

***7551**

Dos Reis Leira, Carlos

Porta 3

***5966**

Doural Requejo, Yamuna

Porta 4

***8690**

Fandiño Resua, Aitor

Porta 4

***9199**

Fernández Cordovés, Ismael

Porta 4

***1073**

Fernández Freire, Diego

Porta 4

***3335**

Fernández Lorenzo, Javier Antonio

Porta 4

***3866**

Fernández Muíños, Paula

Porta 1

***8075**

Fernández Otero, Santiago

Porta 4

***1207**

Fernández Pintos, María

Porta 4

***5834**

Fernández Porto, Lara María

Porta 4

***7419**

Fernández Suárez, Paula

Porta 4

***0996**

Ferreiro Rodríguez, Mónica

Porta 1

***2518**

Filgueiras Sanesteban, Nerea

Porta 4

***6284**

Franco Acuña, José Luis

Porta 4

***1194**

Freire Guillén, María del Pilar

Porta 1

***1363**

Fuentes Lista, Alejandra

Porta 4

***1363**

Fuentes Lista, Andrea

Porta 4

***6389**

García García, Débora

Porta 4

***2370**

García Orduna, María Fernanda

Porta 1

***7929**

García Pazos, Antonio

Porta 4

***7971**

García Piñeiro, Ángel

Porta 4

***4334**

García Piñón, Óscar

Porta 4

***9287**

Gómez González, David

Porta 4

***8982**

Goncalves Gómez, Patricia

Porta 5

***4865**

González Arias, Carlos

Porta 5

***8602**

González Collazo, Andrea

Porta 5

***0389**

González Cortez, Luis Alfonso

Porta 5

***1050**

González Díaz, Alberto

Porta 5

***7229**

González Estévez, Iago

Porta 5

***1460**

González Martínez, Elizabeth

Porta 1

***7114**

Iglesias Blanco, María

Porta 5

***9171**

Iglesias Martínez, Lucía

Porta 5

***8975**

Jiménez Lorda, Pablo

Porta 5

***6505**

Lago Valtierra, Rubén

Porta 1

***7791**

Llaneza Prieto, Daniel

Porta 1

***7518**

López Gómez, Valeria

Porta 5

***7575**

López González, Adrián

Porta 5

***7484**

López González, Esteban

Porta 5

***9195**

López Otero, Santiago

Porta 5

***0205**

López Rico, Diego

Porta 5

***7869**

López Valín, Sofía

Porta 5

***7609**

Lorenzo González, Estefanía

Porta 5

***3185**

Manzano Barreiro, Laura

Porta 5

***9424**

Mariño Somoza, Luis

Porta 5

***7595**

Martínez Álvarez, José Lino

Porta 1

***4768**

Martínez González, Óscar Antonio

Porta 5

***5548**

Méndez García, Alberto

Porta 6

***5907**

Montalvo Galán, Santiago Jonathan

Porta 6

***7126**

Moukhlissi Juicha, Badreddine

Porta 6

***8469**

Nieto García, Alejandro

Porta 6

***2992**

Nogueiras Rizzo, Andrés

Porta 6

***9253**

Núñez Costas, Patricia

Porta 6

***8388**

Núñez Lamas, Mario

Porta 6

***8315**

Orge Rodríguez, Xabier

Porta 6

***3817**

Osorio Peláez, Pablo

Porta 6

***7695**

Outón Graña, Óscar

Porta 1

***4943**

Pájaro López, Marta

Porta 6

***0195**

Pena Méndez, Esteban

Porta 6

***8837**

Pérez Cid, Mónica

Porta 6

***7618**

Pérez Espiñeira, Martín

Porta 6

***4597**

Pérez Rama, María José

Porta 6

***0111**

Perezzan Menor, Rodrigo

Porta 6

***4771**

Piñeiro Verdeal, Marta

Porta 6

***6527**

Piñón Fontao, María Luz

Porta 6

***3348**

Porta Couto, Sara

Porta 6

***3559**

Porto Armesto, Juan José

Porta 6

***8802**

Pose Dávila, Victoria

Porta 7

***9009**

Pulido Barba, Camilo

Porta 7

***7363**

Ramos Núñez, Ruth

Porta 7

***4565**

Rivera Miras, Lucía

Porta 7

***8396**

Roca Lemos, Félix

Porta 7

***9906**

Rodríguez Arcas, Rebeca

Porta 7

***5464**

Rodríguez Castedo, Vanesa

Porta 7

***3736**

Rodríguez Díaz, Alba

Porta 1

***6934**

Rodríguez Fernández, Patricia

Porta 7

***1722**

Rodríguez López, Iago

Porta 7

***0558**

Rodríguez Sánchez, Antonio

Porta 7

***7593**

Rodríguez Sánchez, José Daniel

Porta 1

***5555**

Sáez González, Andrés

Porta 7

***1307**

Salgueiro Paz, Marta

Porta 7

***8090**

Sánchez Ríos, María

Porta 7

***1364**

Sanromán Barcia, Carlos

Porta 7

***3030**

Santos Sánchez, Adrián

Porta 7

***9252**

Sastre Quintela, Patricia

Porta 7

***7273**

Seijas Ares, Nuria

Porta 1

***0934**

Seoane Brea, Anxo

Porta 7

***8952**

Seoane Rosende, Carina

Porta 7

***0898**

Silva Coppede, Adrián Gabriel

Porta 7

***9147**

Sobrino Bargiela, Cristina

Porta 1

***8118**

Solla González, Paola Kasandra

Porta 8

***9712**

Souto Fariñas, Pablo

Porta 8

***1469**

Taboada Díaz, Laura Manuela

Porta 8

***8782**

Valcárcel Martínez, Irene

Porta 8

***9806**

Valiño Rodríguez, Francisco Javier

Porta 8

***8872**

Valverde Alonso, Miguel

Porta 1

***8253**

Varela López, Sandra

Porta 8

***5985**

Vázquez Batán, David

Porta 8

***3679**

Vázquez Fernández, Nuria

Porta 8

***5748**

Vázquez Torreiro, Guadalupe

Porta 8

***7006**

Vázquez Vázquez, Alberto

Porta 8

***8665**

Veiga Amoedo, Silvia

Porta 8

***0024**

Veira Antelo, Eloy

Porta 8

***6700**

Vergara Rodríguez, María Victoria

Porta 8

***1104**

Vidal Lizarralde, Marta

Porta 1

***3953**

Vila Fernández, Noe

Porta 8

***9623**

Vila Fernández, Sandra

Porta 8

***1291**

Vilas Aguilera, María Teresa

Porta 1

***7336**

Vilas Navarro, Sara

Porta 8

***7378**

Voces Díaz, Elisa

Porta 8

***7140**

Zas González-Lagana, Elena

Porta 8

***7140**

Zas González-Lagana, Yone

Porta 8

* O DNI do/da profesional amósase cifrado en protección dos datos de carácter persoal.