Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 14 de abril de 2021 Páx. 19208

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 12/2021).

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais ETX 12/2021 deste xulgado se ditaron o Auto e o Decreto do 15 de marzo de 2021 e do 16 de marzo de 2021 contra os cales se poderán interpoñer recurso de reposición e revisión, respectivamente, no prazo de tres días.

Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da dita resolución na Secretaría deste xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Áncora Hispania, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza