Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 14 de abril de 2021 Páx. 19204

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Pontevedra

EDICTO (PO 360/2020).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 360/2020 deste xulgado do social, sobre ordinario, ditouse a resolución que se indica, cuxo texto íntegro está ao dispor do interesado na sede do xulgado:

Sentenza de data 18 de marzo de 2021 contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo no prazo de cinco días.

E para que sirva de notificación en legal forma a Insonorizaciones Sanxenxo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 22 de marzo de 2021

O letrado da Administración de xustiza