Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 14 de abril de 2021 Páx. 19270

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de modificación da oferta de emprego público do ano 2020.

Pola Resolución da segunda tenente de alcalde delegada de Persoal nº 2021001071, do 10 de marzo de 2021, aprobouse a modificación da oferta de emprego público do Concello de Oleiros correspondente ao ano 2020, publicada no BOP núm. 205, do 1 de decembro de 2020, e no DOG núm. 6, do 12 de xaneiro de 2021, que queda agora configurada definitivamente polas prazas que se relacionan a seguir:

Persoal funcionario:

Denominación

Subgrupo

Escala

Subescala

Clase

Oficial da policía local*/**

1

C1

Administración especial

Servizos especiais

Policía local

Policía local **

3

C1

Administración especial

Servizos especiais

Policía local

Auxiliar administrativo/a

4

C2

Administración xeral

Auxiliar

*O procedemento de selección débese realizar por concurso para mobilidade, de acordo coa porcentaxe mínima establecida na Lei de coordinación de policías locais de Galicia.

Policías locais: aplicación disposición adicional centésimo quincuaxésimo novena da Lei 11/2020, do 31 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021 á praza de oficial e dúas de policías por xubilación anticipada dos seus titulares.

Oleiros, 11 de marzo de 2021

O alcalde
P.D. (Decreto da alcaldía número 2019002619, do 20 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal